Skip to Content

Plan de mellora da biblioteca

Conto viaxeiro "O casting"

Conto viaxeiro "No cinema"

Conmemoración dos Maios e Letras Galegas!

Conmemoración do Dia Internacional do Libro

Conmemoración do Día de Rosalía de Castro

Celebramos o Entroido!

 

No Ceip Gregorio Sanz, temos ben claro que a pandemia do coronavirus non ten porque amolar ás nosas nenas e nenos. Cumprimos protocolos, pero adaptamos as festas e tradicións celebrándoas dun xeito distinto co obxectivo de que estean presentes, algo diferentes... pero presentes.

Cada mes de febreiro chegaba e chega ao cole o TEMPO DE ENTROIDO presidido sempre polo MECO, un boneco que representa case sempre o “malo e ruín vivido ao longo do ano anterior”. Despois de comunicarnos os mandadiños, rematamos o venres 12 celebrando o ENTROIDO no cole . Para dar cumprimento os protocolos, nun estricto respecto ás normas hixiénico –sanitarias , os nenos/as separados por grupos estables de convivencia nas zonas establecidas de actuación non deixaron de desfrutar da orixinalidade e colorido do seu disfraz de temática libre, ambientado nunha coreografía con música mantendo viva a súa ilusión e alegría nesta conmemoración, xunto co profesorado e persoal non docente.

Queremos expresarlles o agradecemento na súa colaboración e compartir con vós ese día, xa que sentimos a vosa compaña no tradicional festival que se viña celebrando aberto ás familias.

Ligazón á galería fotográfica do Entroido

 

Conmemoración do Día da Paz

Felices Festas!

Dende o CEIP Gregorio Sanz queremos desexarvos unhas boas, aínda que atípicas vacacións.

Pero... como ben sabemos nunca choveu que non escampara...

Animámosvos a que non deixedes de cumprir as medidas recomendadas e disfrutade da vosa familia!

Deixamos unha postal e lecturas recomendadas.

Lecturas recomendadas

Distribuir contido


by Dr. Radut