Skip to Content

Complementarias

Día da Paz

Día da Paz e Non violencia!

Os nenos e nenas de 2º de E. Primaria estivemos durante varios días a traballar sobre a Paz. Nas aulas,  con explicacións sobre o porqué se celebra o día 30 de xaneiro:



  • Breve biografía de Gandhi.


  • Abecedario da Paz: palabras ordenadas alfabéticamente que teñen relación co tema. Cada neno/a elixe unha para escribila dentro do debuxo dunha pomba e facer un mural con todas.

DÍA DA PAZ



  • Noutras sesións cada alumno/a inventa unha historia sobre a palabra elexida.

  • Copiar no caderno un poema relacionado con tema e facer un debuxo alusivo.

  • Nos corredores gardamos un minuto de silencio as dúas clases xuntas. Posteriormente collémonos das mans e démonos un abrazo simbólico, xirando un neno/a dun extremo sobre sí mesmo e o resto xirando en sentido contrario para quedar todos xuntos formando parte do gran abrazo da Paz.

DIA DA PAZ 1º CICLO


 


Outras actividades sobre o día da Paz

Certame de poesía infantil "Nadal 2011"

A Biblioteca Pública Municipal " El Viejo Pancho" de Ribadeo convocou o Certame de poesía infantil "Nadal 2011" (fase local). Podían participar tódolos nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de "O Nadal".


PREMIADOS NO CERTAME


Pablo Quirós González e Lucía López Pérez, alumnos do segundo curso de Educación Primaria do CEIP Gregorio Sanz, resultaron premiados na categoría A, ata 8 anos. O premio consistiu en cadanseu diploma e libros.


PREMIADOS CEIP GREGORIO SANZ


Pablo Quirós presentara un traballo titulado " Os animais van ao portal de Belén" e Lucía López " Os meus peluches e o Nadal". Os traballos premiados participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Educación Cultura e Deportes da Xunta de Galicia.


Parabéns para tódolos/as participantes e premiados!

Viaxe a Fonteo!

O pasado luns, 20 de xuño, os alumnos/as de 4º curso fomos de excursión ata o nacemento do río Eo.


O río Eo, nace en Fonteo, Baleira, na provincia de Lugo e desemboca no Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo(Galicia) e Castropol (Asturias). Atravesa as poboacións de A Pontenova, Ribeira de Piquín en Lugo e Abres e Vegadeo en Asturias.


Ese día saímos do colexio sobre as 10 en autobús e cando chegamos a Fonteo xa todos estábamos cansos porque a viaxe durara aproximadamente hora e media.


VISITA A FONTEO


Antes de ver a fonte, sentámonos arredor dunhas mesas de pedra que había alí para completar uns cadernos de traballo que nos deran as nosas profesoras sobre o río Eo. Cando por fin fomos ver a fonte a auga parecía cristalina porque se vía o fondo do río.


VISITA AO NACEMENTO DO RÍO EO


Volvemos coller o autobús e fomos visitar a Pontenova, pasamos por tres pontes cruzando o río Eo. Despois fomos ata Trabada, onde xantamos nunha área recreativa.


VISITA AO RÍO EO


A continuación visitamos unha pequena praia no río e xa por último fomos a ver a depuradora da auga que bebemos en Ribadeo, que está en Santa Cruz.


DEPURADORA DE RIBADEO


Pasámolo moi ben e aprendemos moito!


Clara Meijide García (4º B)


 


Xuntanza alumnos Axenda 21 Escolar!

Alumnado de sexto curso de Primaria, Ramón Molina (director técnico da Axenda 21), Iván R. Lombardero (Axenda 21 local de Ribadeo), alumnado e profesorado de 4º curso de Primaria e Pedro Moreda (coordinador  do Proxecto "Coñecer a costa de Ribadeo" ), participaron nunha xuntanza de alumnos Axenda 21 Escolar no centro, desenvolvendo distintas actividades:



  • Exposición do proxecto "Coñecer a Costa de Ribadeo" e o traballo "A flora do litoral".

XUNTANZA AXENDA 21



  • Exposición do conto didáctico "O cemiterio das burras" coordinado e dirixido por José Teijeiro.

  • Presentación audiovisual "Campamento de verán Axenda 21"

  • Entrega de información medioambiental.

  • Actuación do contacontos Anxo Moure.

ANXO MOURE

Almorzo san en Infantil!

Froita, froita, froita!

 Os nenos e nenas de Educación Infantil de 3 anos e os de Educación Infantil de 5 anos, almorzaron no cole...

ALLMORZO SAN E. INFANTIL

 

Lembra:

 O almorzo SAN

froita terá

e se tomas tamén leite...

a medrar!!!

 

ALMORZO SAN E.INFANTIL

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Distribuir contido


by Dr. Radut