Skip to Content

Plan de Normalización Lingüística

Palabras con memoria

Esta actividade consistía na recompilación de palabras que caeran en desuso nas novas xeracións e nin sequera recollían os dicionarios máis amplos da nosa lingua.


Pedimos a colaboración das familias para que nos achegaran palabras pouco comúns empregadas pola xente maior da contorna, palabras que case non se empregaban porque as persoas que as usaban tiñan a certeza de que non serían entendidas polos máis novo/as.

 

A nosa intención consistía en que a comunidade educativa fixara a atención nestas palabras para entre todos conseguir que se recuperaran e renaceran. E pensamos que en boa parte cumprimos o obxectivo fixado. Moitas grazas pola colaboración.

Ligazón á listaxe de palabras

PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

1.- Constitución do Equipo de Dinamización da Lingua Galega:

 

Educación Infantil:

Socorro García Cuadrado

Mª Jesús López López

Sonia Mª Cupeiro Falcón

Lucía Penalonga Cruz

 

Educación Primaria:

1º Ciclo:

Mª Isabel Bravo Bogo

Marta Álvarez Millares

Concepción Cristina Santana Méndez

Lucía Fernández Pardo

2º Ciclo:

José Luis Posada Fernández

José Ramón Loureiro Rico

Vanesa Reigada Álvarez

3º Ciclo:

Ana Isabel Carbajales Cerdeira

José María Rañón Moirón

Ana Belén Martínez Rodríguez

Lucía Vázquez Gómez

 

Coordinador: José Ramón Loureiro Rico

 

2.-Obxectivos establecidos para o Equipo de Dinamización da Lingua Galega

2.1.- Obxectivos do contorno lingüístico.

Fomentar a extensión e a diversidade da lingua galega.

Desactivar os estigmas e prexuízos sociolingüísticos que aínda pesan sobre a lingua galega.

Recoñecer a lingua como unha riqueza cultural e un patrimonio histórico que é necesario conservar.

Fomentar e facilitar a integración socio-lingüística e escolar do alumnado doutras comunidades ou de países estranxeiros.

 

2.2.- Obxectivos do profesorado.

Estender e optimizar o uso da lingua galega no centro.

Conseguir un cambio de imaxe que permita acadar cotas máis altas de prestixio para a lingua galega.

Implicar a todos os axentes escolares neste proceso.

Contribuir a prestixiar a lingua galega, tanto polo seu valor referencial da nosa identidade como por ser o noso principal elemento de comunicación cos falantes do mundo.

Contribuír á potencialización e revitalización da lingua galega.

 

2.3.- Obxectivos do alumnado.

Desenvolver a capacidade de comprensión, expresión e análise.

Potenciar o traballo creativo e a imaxinación, favorecendo a participación na elaboración de traballos.

Fomentar o hábito lector e a redacción.

Coñecer as crenzas, actitudes e valores básicos da nosa tradición.

Coñecer os diferentes oficios tradicionais de Galicia.

Fomentar o espíritu de solidariedade e tolerancia mediante a participación dos distintos membros da comunidade educativa.

Fomentar a creación literaria a partires das fontes de inspiración popular.

 

2.4.- Obxectivos do centro.

Fomentar e facilitar a integración socio-lingüística e escolar do alumnado doutras comunidades autónomas ou de países estranxeiros.

Facilitar o coñecemento da lingua e cultura galega.

Potenciar entre todos os membros da comunidade educativa o uso do galego a nivel oral e escrito.

Axudar ao profesorado e ao alumnado procedente doutras comunidades no coñecemento do noso Concello.

Fomentar o uso do galego nas actividades complementarias que o centro organice.

Fomentar o respecto e coñecemento da outra lingua oficial.

 

3.- Addenda do proxecto lingüístico do Centro:

Segundo o artigo 14 no apartado 4 do Decreto 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia (DOG do 25 de maio) elaboramos a addenda do proxecto lingüístico:

 

3.1.- Aos resultados obtidos sobre lingua materna predominante entre o alumnado na Educación Infantil.

Atendendo aos resultados obtidos dos informes de matrícula das familias sobre cal era a lingua materna do neno ou nena, o resultado obtido foi o seguinte para este curso: dos 45 alumnos/as do 4º nivel de E. Infantil, 24 din que a lingua materna é o galego, 16 que é o castelán e 5 din que a lingua materna é o galego e o castelán por igual. Polo tanto, fomentaranse as dúas linguas en igualdade de condicións para que o alumnado adquira de forma oral e escrita a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas oficiais de Galicia. Nos demais niveis, a lingua vehicular é o galego.

 

3.2.- En Educación Primaria detállase no cadro adxunto a lingua de impartición das distintas materias.

Neste curso continúa a sección bilingüe no 1º ciclo de E. Primaria e a Plástica en 1º e 2º curso de EP impartirase en Lingua inglesa.

 

4.- Información e valoración dos programas e actividades para o fomento e dinamización da lingua galega realizados polo centro educativo no curso anterior e información do que se vai desenvolver no curso seguinte.

Teremos en conta as propostas de mellora que aparecen reflectidas na memoria do curso pasado entre as que se propón unha continuación das actividades que funcionaron ben e, ao mesmo tempo, correccións dalgúns aspectos mellorables dalgunhas delas, así como a realización dalgunhas actividades que estaban programadas para o pasado curso pero que por diversos motivos non se puideron realizar. Así, pretendemos levar a cabo as seguintes actividades:

 

-Potenciar o hábito lector. Todo o curso, en colaboración estreita co Equipo de Dinamización de Biblioteca.

-Animación á lectura.

a) Dentro do colexio:

a.1.- Os alumnos de 5º e 6º contaranlles contos ao resto de alumnado do colexio. En colaboración co Equipo de Biblioteca.

a.2.- Contos viaxeiros para kamishibai : Creación de dous contos, un por cada liña das clases do centro (A/B) desde 1º de Ed. Primaria ata 6º de Ed. Primaria. Neste curso sobre a pintura e os pintores. Propoñemos tamén que se empece a traballar na súa creación a comezos do segundo trimestre e cun tempo dunha semana para cada aula.

a.3.- Un martes de conto: Para os alumnos de Ed. Infantil, lectura de contos dramatizados por unha mestra de Ed. Infantil membro do equipo de apoio á biblioteca. Realizarase durante todo o curso.

a.4.-Olimpiada lectora: A partir de distintos libros lidos en cada aula realizaremos esta actividade a nivel centro que consistirá na celebración dun concurso por ciclos nos corredores das aulas no que distintos equipos de alumnos/as terán que respostar a preguntas sobre os libros que leron nas aulas. O xurado estará composto por un grupo de mestres/as. 3º trimestre.

a.5.- Lectura de poesía: A partir da recollida por aula de distintas poesías de diferentes temáticas achegadas por persoas adultas do entorno familiar do alumnado.

a.6.-Apadriñamento lector: Lectura aos alumnos/as de cursos máis baixos (E.Infantil e 1º ciclo de E. Primaria ) por parte dos alumnos de cursos máis altos.

 

b) Fóra do colexio: Dentro das actividades do programa LER CON…F da Biblioteca.

b.1.-Lectura de poemas de Rosalía de Castro polas rúas da vila polo Día de Rosalía.

b.2.-Lectura de textos e interpretación teatral na gardaría municipal Santa María do

Campo.

b.3.-Lectura polas rúas e nalgún lugar representativo da vila e na radio COPE polo Día

das Letras Galegas.

-Mochilas viaxeiras e bolsas que van e veñen. Todo o alumnado. Todo o curso.

 

-Participación en concursos literarios e radiofónicos. O alumnado de Ed. Primaria previsiblemente participará nas convocatoria da Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo – Nadal e Letras Galegas .

 

-Como era? Tratarase de traer a unha ou varias persoas do pobo que nos conte as súas experiencias relacionadas con traballos artesanais, culturais, folclóricos,… Programamos a actividade titulada “A vida no campo e no mar”. Realizarase un estudo dos aparellos e da vida dos labregos e dos percebeiros coa visita a unha horta ecolóxica nas Anzas e a Rinlo (lugar onde tradicionalmente se recolle percebe). A partir da visita deste lugares de Ribadeo preténdese coñecer a vida rural e mariñeira de Ribadeo. 2º e 3º trimestre.

 

-Coñece o noso Concello (a costa e o interior do Concello de Ribadeo). Os alumnos/as de 3º ciclo percorrerán distintos tramos de costa e os alumnos/as de 2º ciclo visitarán parroquias do interior do Concello para logo realizar unha posta en común coa información recopilada. Posteriormente se elaborará un grande mural do Concello no que se visualizará a ubicación das distintas parroquias e no que se incluirán os aspectos máis significativos das mesmas. Pódense incluir tamén charlas previas ás visitas in situ, realización dunha guía para a boa práctica do sendeirismo, concurso para valorar o patrimonio histórico, elaboración dun roteiro das rutas realizadas e entrega no Concello para a súa posterior difusión e concurso de debuxo sobre os lugares visitados.

 

 

-CEIP´s con nome de muller. Estudo da historia e vida das mulleres que dan nome a distintos colexios nas 4 provincias galegas. Realización e exposición de murais cos traballos compilados por niveis educativo. 3º-4º-5-º6º de E. Primaria. 2º trimestre (Día Internacional da Muller).

Distribuir contido


by Dr. Radut