Skip to Content

Palabras con memoria

Esta actividade consistía na recompilación de palabras que caeran en desuso nas novas xeracións e nin sequera recollían os dicionarios máis amplos da nosa lingua.


Pedimos a colaboración das familias para que nos achegaran palabras pouco comúns empregadas pola xente maior da contorna, palabras que case non se empregaban porque as persoas que as usaban tiñan a certeza de que non serían entendidas polos máis novo/as.

 

A nosa intención consistía en que a comunidade educativa fixara a atención nestas palabras para entre todos conseguir que se recuperaran e renaceran. E pensamos que en boa parte cumprimos o obxectivo fixado. Moitas grazas pola colaboración.

Ligazón á listaxe de palabras



page | by Dr. Radut