Blogues

5 DE DECEMBRO, DÍA NON LECTIVO

Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de maio de 2022 (DOG Núm. 105 o 20 de xuño) pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23, a Xefatura territorial decidiu autorizar o día 5 de decembro como día non lectivo, polo que dito día, NON HABERÁ CLASE.

Para consultar a resolución, podedes premer na imaxe.

NOTA INFORMATIVA ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

INFORMACIÓNS VARIAS SOBRE A RENOVACIÓN PARCIAL DOS REPRESENTANTES DAS FAMILIAS AO CONSELLO ESCOLAR

Data de votación: luns 28 de novembro

Horario de votación: 16:00 a 18:00h

Lugar: Biblioteca do centro

Para consultar outras información de interese, premende na imaxe.

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2022/23

Información do proceso de renovación parcial dos membros do Consello Escolar 2022/23

Plan Dixital de Centro

Para consultar o Plan Dixital de Centro premede na imaxe.

 

MENÚS COMEDOR CURSO 2022-23

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Prezadas familias:

Mañá 8 de setembro será o primeiro día de clase e por esa razón as normas de entrada serán diFerentes da rutina habitual.

Mañá as familias poderedes acompañar as crianzas ata o patio cuberto onde vos daremos a benvida e iremos chamando un/unha a un/unha a cada neno/a para que vaia subindo a clase con cada titor/a e o seu grupo.

A partir do día 9 as familias deixaredes ao alumnado na porta de entrada e eles/elas entrarán sós/soas. Haberá un mestre/a na porta para calquera dúbida que poida xurdir.

Este ano non hai protocolo Covid, a entrada será de 9:20 a 9:30 para todo o alumnado.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022-23

As actividades extraescolares organizadas pola ANPA comezarán o día 3 de outubro.

Desde o centro recuperamos a actividade de biblioteca que se levará a cabo os MARTES, MÉRCORES e XOVES de 16:30 a 17:45. e dará comezo o día 4 de outubro.

As familias interesadas na actividade poden descargar o impreso premendo na seguinte imaxe:

CALENDARIO ESCOLAR 2022-23

 Para consultar a Orde depublicación do calendario escolar para o curso 2022-23, podedes premer na imaxe.

 

INFORMACIÓN ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR

AVISOS IMPORTANTES

 

O alumnado USUARIO DE COMEDOR deberá ter en conta a seguinte información:

  • O alumnado usuario do servizo de comedor que faga uso do mesmo en días alternos, ten que notificalo vía correo electrónico ao centro. De non facelo, cobraráselle polo servizo ainda que non fixera uso do mesmo.
  • O alumnado que por calquer imprevisto non vaia  facer uso do servizo de comedor, deberá notificalo ao centro por correo electrónico antes das 9:30 h dese mesmo día.
  • A recollida do alumnado será unha vez finalizado o servizo ás 16:30 h
  • Lembramos que o prazo para enviar o correo electrónico co informe médico das dietas especiais remata hoxe. Como o servizo de comedor se inicia o xoves 8, aqueles usuarios que non fixeran o trámite, non terán a súa dieta.

Un saúdo

MATERIAL ESCOLAR AULAS CURSO 2022-23

Distribuir contido