Blogues

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

Lembrámosvos que o próximo venres 28 de abril de 2023 considerarase día NON LECTIVO ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 20 de maio de 2022 (DOG Núm. 105 o 20 de xuño).

 

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN SEXUAL INTEGRAL

No centro estamos convencidos da importancia de educar ao noso alumnado nunha sexualidade saudable, polo que organizamos uns obradoiros con tal fin. O pasado luns tivo lugar unha charla na que a xinecóloga e sexóloga Carol Strate exploicou ás familias asistentes os contidos dos diferentes talleres que terán lugar no centro.

Foi unha charla moi produtiva na que deixou unhas recomendacións para as familias.

Na seguinte presentación podedes acceder a ditas recomendacións así como ao currículum de Carol (premede na súa imaxe para acceder).

Educación sexual integral de Romu Rodriguez

8M NO GTB

Onte celebrouse o Día Internacional da Muller, e o alumnado do cole non quixemos deixar pasar a oportunidade de decir o que pensamos. Fixemos unha manifestación e expresamos os noso desexos de vivir unha sociedade máis xusta.

Aquí vos deixamos unha presentación da noso celebración. Esperamos que vos guste tanto como a nós. Premwde na imaxe para vela.

FESTIVAL ENTROIDO 2023

O pasado venres 17 de febreiro celebrouse no cole o festival do entroido. Participou todo o alumnado e o resultado final foi marabilloso. Podedes consultar o seu traballo na seguinte presentación.

Agardamos que vos guste tanto como a nós. 

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO 2023-24

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Xornada de portas abertas para o alumnado de nova matrícula.

Data: luns 27 de febreiro

Hora: 16:30h.

Para máis información consultade a seguinte presentación.

MECO 2023

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Nota informativa sobre a xornada de portas abertas para familias interesadas en nova matrrícula.

RESERVA DE PRAZA IES DAVIS BUJÁN

Resultados eleccións renovación parcial Consello Escolar

Para consultar os resultados das votacións á renovación parcial do Consello escolar, premede na imaxe.

Distribuir contido