Blogues

2 NOVAS ENTREGAS DE MICROS DE CORES

Temos dúas novas entregas da docuserie Micros de Cores na que coñeceremos un pouquiño mellor a dúas das nosas mestras. A ver si vos gusta tanto como a nós.

Micros de Cores de Profe R

RESERVA PRAZA IES DAVID BUJÁN

O alumnado de 6º que queira reservar praza no IES David Buján para o curso 2024-25, xa podedes facer a reserva.

Tedes toda a información nas ligazóns da seguinte presentación.

Reserva praza IES David Buján de Profe R

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Premede na imaxe para ver ao postais.

MICROS DE CORES

Recuperamos o noso proxecto de radio escolar no GTB. Con esta publicación de dúas marabillosas entrevistas nace MICRO DE CORES. Un espazo radiofónico cheo de contidos que servirá para manternos informados do que pasa no cole, entrevistas para coñecer ás persoas que forman a nosa comunidade educativa, e moitas cousas máis. Desexámoslle unha longa vida a este fantástico proxecto, esperamos que o disfrutedes. 

Micros de Cores de Profe R

LENDAS DE SAMAÍN

Con un pouco de retraso queríamos compartir con toda a comunidade educativa unhas terroríficas lendas que nos contaron en 4º de primaria. Agardamos que as disfrutedes e non pasedes moito medo.......

25N. O GTB CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e no cole non se nos ocurriu mellor maneira que lembrar a todalas víctimas dunha maneira moi especial.

En primer lugar, o alumnado de 6º fixo un traballo de investigación no que queda claro que a día de hoxe existe unha gran desigualdade de xénero na nosa sociedade.

Despois algunhas das alumnas de 5º de EP representaron a obra "Las niñas vuelan alto", coa que queren expresar que ninguén pode facernos crer que ningunha muller e inferior a ningún home.

E para finalizar fixemos un fermoso concerto.

Si queredes ver as actuacións, non tedes máis que ver a seguinte presentación.

25 N

MAGOSTO 2023

O pasado mércores celebramos un ano máis o Magosto no cole. A rapazada disfrutou dunha divertida xornada onde deleitáronnos cunha nova demostración da súa creatividade. Fixeron uns Lands Art marabillosos para dar paso a unha Foliada con degustacións de castañas e amenizada polo grupo de gaitas Aires de Sigrás. 

Darlle as grazas á ANPA pola súa colaboración e a as familias que pasaron polo cole.

Podedes consultar as imaxes desta festiva xornada no seguinte cartel.

Magosto 2023 de Romu Rodriguez

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 23-24

Distribuir contido