Blogues |
Lembramos a todas as familias que unha das canles de comunicación oficial coas familas é abalarMóbil. Polo que é obrigatorio ter descargada a aplicación no teléfono móbil. Tedes toda a información premendo na seguinte imaxe. |
|||
AVISO IMPORTANTE Os usuarios de comedor deberan ter en conta as seguinte informacións: 1.- Todos o alumnado que teña que pagar polo servizo, deberá descargar e cubrir o seguinte documento e envialo por correo electrónico á seguinte dirección de correo: ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.gal O prazo de presentación será ata o día 16 de setembro. 2.- O alumnado que teña algunha alerxia deberá enviar á mesma dirección de correo electrónico o xustificante médico actualizado. Neste caso o prazo de presentación será ata o día 6 de setembro. |
|||
NOTA INFORMATIVA (Modificada)
Importante: hai que usar a Declaración da Renda do 2021 usando: casiña 435+casiña 460-casiña 595=X
O horario de atención ao público no mes de xullo para a recollida de vales de material e os historiais do alumnado de 6º será de 10:00 a 13:00h. nos seguintes días:
(Por motivos de formación non se poderá atender o luns 11, martes 12 e venres 15). |
|||
Xa están as listaxes provisionais do fondo de libros e dos vales de material. Para saber si tedes concedido cheque ou vale, podedes chamar por teléfono ou no propio centro. |
|||
|
|||
DESDE MAÑÁ 23 DE XUÑO ATA NOVO AVISO, O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SERÁ DE 10:00h. A 13:00h. (Lembramos que o venres 24 o centro permanecerá pechado por ser día festivo no Concello de Cambre) |
|||
Do 20 ao 30 de xuño estará aberto o prazo de formalización de matrícula para novo alumnado. Tedes toda a información na seguinte presentación. As solicitudes deberán presentarse no centro en horario de secretaría. Luns de 9:40h a 10:20h e de 16:00 a 17:00h, martes e mércores de 9:40 a 12:20. A partir do xoves de 10:00h a 13:00h. Lembramos que o día 24 é día non lectivo por ser festivo no concello de Cambre. |
|||
|
|||
Esta venres celebrouse a representacion do musical "Una mala decisión" no Torrente Ballester. Os artistas foron o alumnado de 5º de EP. Levaban moito tempo traballando para que todo saise xenial (decorados, memorización, atrezo, ensaios...). E aquí tedes o resultado final. Foi unha marabilla. Agardamos que disfrutedes da representación tanto como eles. |
|||
O alumnado usuario dos servizos de transporte e comedor no curso actual 2021-22, ou o alumnado xa matriculado no centro que desexe facer uso dalgún dos servizos para o curso 2022-23, deberán facer a reserva da praza. Para realizala deberán seguir os seguintes pasos:
A non presentación de dita reserva considerarase como renuncia ao servizo. Para descargar a solicitude, premede na na imaxe seguinte:
*O alumnado de nova matrícula deberá cubrir este impreso no momento da formalización de matrícula (do 20 ao 30 de xuño). |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »