RESERVA COMEDOR E TRANSPORTE CURSO 2022-23

 

O alumnado usuario dos servizos de transporte e comedor no curso actual 2021-22, ou o alumnado xa matriculado no centro que desexe facer uso dalgún dos servizos para o curso 2022-23, deberán facer a reserva da praza.

Para realizala deberán seguir os seguintes pasos:

  • Imprimir e cubrir a solicitude de reserva (podedes descargala no enlace de abaixo).
  • Adxuntar o documento acreditativo de incompatibilidade horaria de traballo para facer a baremación en caso de ser necesario.
  • Presentar ambos documentos no centro en horario de secretaría entre o 1 de xuño a 17 de xuño (ambos inclusive).

A non presentación de dita reserva considerarase como renuncia ao servizo.

Para descargar a solicitude, premede na na imaxe seguinte:

 

 *O alumnado de nova matrícula deberá cubrir este impreso no momento da formalización de matrícula (do 20 ao 30 de xuño).