PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Prezadas familias:

Mañá 8 de setembro será o primeiro día de clase e por esa razón as normas de entrada serán diFerentes da rutina habitual.

Mañá as familias poderedes acompañar as crianzas ata o patio cuberto onde vos daremos a benvida e iremos chamando un/unha a un/unha a cada neno/a para que vaia subindo a clase con cada titor/a e o seu grupo.

A partir do día 9 as familias deixaredes ao alumnado na porta de entrada e eles/elas entrarán sós/soas. Haberá un mestre/a na porta para calquera dúbida que poida xurdir.

Este ano non hai protocolo Covid, a entrada será de 9:20 a 9:30 para todo o alumnado.