Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Información proceso baremación

APERTURA PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

O número de solicitudes presentadas en 4º de EI, 1º EP, 2º EP e 4º EP  para o curso 2023-24 é superior ao número de prazas ofertadas.

De conformidade co establecido no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao de finalización de presentación de solicitudes para presentar a documentación (forma presencial) xustificativa que crean convinte complementaria da xa presentada

8 Marzo: Día da muller

"Un universo de mulleres" foi o lema escollido para conmemorar este ano o 8M, e tomando as palabras da astronauta estadounidense Mae Jemison, queremos lembrarlles a todos os nenos e nenas do García Barbón que non diexen que ninguén roube a súa imaxinación, creatividade ou curiosidade. Queremos que todos e todas medredes en igualdade e que cada un tope o seu lugar no mundo.
Aquí tedes unha mostra dos traballos de investigación que fixeron das biografías de mulleres astronautas.

Escola de nais e pais

Trasladamosvos unha proposta, dirixida neste caso as familias con alumnado na etapa de infantil,  unha Escola de Nais e Pais, un espazo de encontro para reflexionar sobre a tarefa educativa. 

Entroido 2023

Xa sabiamos todos e todas da tradición do entroido en Galicia pero no cole García Barbón quixemos levar a tradición ata o espazo exterior: extraterrestres, superheroes galácticos, astronautas, foguetes… Hoxe todos xuntos compartimos unha mañá “espacial”.

Aquí tedes unha mostra das nosas comparsas.

 

30 de xaneiro, celebración día da Paz

O pasado luns 30 de xaneiro conmemoramos o Día escolar da paz e da non violencia, algo que debemos lembrar tódolos días, pero aínda así quixemos cantar ben alto que os nenos e nenas do García Barbón queremos un mundo mellor e que imos poñer todo da nosa parte para conseguilo.

 

Xornadas portas abertas

Durante o mes de febreiro celebraremos xornadas de portas abertas. Estades convidados a coñecer o noso proxecrto educativo e as instalacións do centro

 

O noso proxecto educativo

 

SECRETARÍA

Teléfono

886111087

(luns-venres: 9:00-14:00)

Correo electrónico

ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal

EQUIPO DIRECTIVO

Teléfono

886111088

Correo electrónico

direccion@garciabarbon.com.es

Días

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Horario

13:00-13:45

9:00-09:45

9:00-09:45

13:00-13:45

9:00-09:45

Festival nadal

Durante o festival de nadal as verdadeiras artistas foron as vosas fillas e fillos e para poder disfrutar das actuacións tendes que pasar o rato por encima das estrelas e clicar nun icono redondo e teredes a oportunidade de ver ás auténticas estrelas

Distribuir contido


by Dr. Radut