Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Feliz Nadal

Despois dun trimestre cheo de aprendizaxes o equipo docente do cole García Barbón quere desexarlle a toda a comunidade educativa un feliz Nadal e un próspero 2024 cheo de dozura, bicos, agarimo e moito amor.

Para ampliar as fotos tendes que clicar nas mesmas

Recomendacións lectoras

·      Blog da biblioteca

 

·      Blog de lingua galega

 

 

I Concurso de postais navideñas

 

               

 

 

 

 Clicar na imaxe

 

 

                

Descarga certificado matrícula

O espazo abalar ofrece unha nova posibilidade que é a descarga do certificado de matrícula, sendo necesario facelo dende un ordenador e accedendo con certificado dixital ou chave 365

 

Os pasos son sos seguintes

1.    Acceder ao espazo abalar. Enlace

2.    Entrar con certificado dixital ou chave 365

3.    Unha vez dentro, pulsar o nome do neno/a

4.    Buscar a opción DESCARGA DE DOCUMENTOS

5.    Aparece certificado de matrícula, pulsamos enriba do PDF

6.    Na parte superior, aparece enlace ao buzón de informes, onde se atopa o documento descargado

 

Axudas municipais

 

Comunicamos que saíu publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPPO) a convocatoria de axudas municipais a familias con fillos e fillas en idade escolar (adxuntamos un enlace co documento para a súa consulta).

Como novidade, para os que solicitaron esta mesma axuda o curso pasado, non teredes que achegar certificado de matrícula. Só se achegará a Declaración Responsable que ven coa solicitude.

Si teñen que presentar o certificado de matrícula os que o soliciten por primeira vez ou ben cambien as súa circunstancias persoais

O certificado de matrícula está a vosa disposición no espazo abalar, onde tendes que acceder con certificado dixital ou chave 365 dende un ordenador, no dende aplicación do móbil.

Recomendación: lectura documentación

 

 

A filantropía

Os valores da arte

O 26 de abril de 1937 a localidade vasca de Guernica foi bombardeada. Os xornais franceses titularon a noticia como “O máis horrible bombardeo desde o comezo da guerra”. Consternado, Picasso elaborou un cadro de máis de 7 metros de longo. A obra, dominada pola cor negra, escenifica os espantos da guerra.

O luns 13 de novembro un grupo de alumnos/as da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) xunto co seu mestre Darío Basso fixeron entrega ao colexio dun postscripto do Guernica. O tema da nai co fillo, un dos máis significativos motivos incluidos no Guernica, está agora pendurado nunha parede do noso centro.

Por que?

A filantropía, o acto de dar sen querer recibir nada a cambio. Darío Álvarez Basso, precursor da iniciativa, sabe da importancia de compartir xa que el mesmo cedeu a súa biblioteca persoal á escola onde traballa.

Que une a ambos centros?

O mecenas e empresario galego José García Barbón (Verín 1831, Vigo 1909)  legou á cidade de Vigo os terreos onde se asenta a EMAO e o noso colexio. Foi por iso que este grupo de alumnos/as e o seu mestre decidiron que o Colexio Plurilingüe García Barbón ía ser o lugar ideal para que os nosos estudantes disfrutasen do seu traballo e que puidesen comprender así o mundo desde diversas linguaxes.

Recibimos con honra esta obra e agradecemos profundamente a doazón deste fermoso cadro xa que cremos que a arte non só transmite emocións senón tamén mensaxes que nos fan reflexionar.

Calendario escolar 2023-24

Consulta do DOG

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

Mes

Día

Lenda

Setembro

11

Inicio da actividade lectiva nas etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria

Outubro

12

Festa nacional

 

13

Día non lectivo. Aprobado pola Xefatura Territorial de Educación

Novembro

1

Día de todos os santos

Decembro

6  e 8

Festivos nacionais 

7

Día do ensino

22 a 31

 Nadal

Xaneiro

1-7

Febreiro

12-14

Entroido

Marzo

25-1 abril

Semana Santa (ambos incluídos)

Maio

17

Día das Letras Galegas – Festivo autonómico

20

Día non lectivo. Aprobado pola Xefatura Territorial de Educación

Xuño

21

Remate da actividade lectiva

A por un curso de alu-cine

Luces, cámaras e acción… porque no García Barbón xa temos todo preparado para a gran estrea do curso 2023-24. Agardamos que alumnado e familias desfrutedes moito deste novo curso e pasedes un curso de alucine!
Feliz curso!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut