Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

                                                                             Proxecto educativo

Calendario proceso admisión

 

                                                                              Programa 21 días en galego

1 de 4

Fase baremación 4º E. Infantil

Dado que o número de solicitudes, para 4º E. Infantil e 1º de primaria, superan o número de postos escolares ofertados  ábrese un prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao de finalización de prazo para presentar solicitudes, para que as persoas interesadas achegen de forma presencial a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados, para realizar a súa valoración e establecer unha orde de prelación,  en base ao establecido na ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Entroido

No cole García Barbón xa estamos preparados para recibir ao Entroido e nun curso de alu-cine os mandados do Meco tiñan que ser de película. Tomade boa nota e preparádevos ben… As celebracións rematarán o venres cun desfile ás 11:00 ao que estados convidadas as familias. Esperámosvos!

 

 

Día escolar da Non Violencia e a Paz

O 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o día da Paz e Non Violencia, para o cal todo ao alumnado investigou sobre homes e mulleres que contribuíron cos seus feitos a un mundo mellor e por iso se lles concedeu o premio Nobel da paz.

Co resultado das súas investigacións fixeron un audio que podes escoitar clicando na imaxe.

 

O noso proxecto educativo

 

SECRETARÍA

Teléfono

886111087

(luns-venres: 9:00-14:00)

Correo electrónico

ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal

EQUIPO DIRECTIVO

Teléfono

886111088

Correo electrónico

direccion@garciabarbon.com.es

Días

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

Horario

13:00-13:45

9:00-09:45

9:00-09:45

13:00-13:45

9:00-09:45

21 días co galego e +

Este ano o CEIP García Barbón vai participar no programa 21 días co galego e +, programa impulsado  pola Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades coa finalidade de promover o uso do galego entre o alumnado.

 

Toda a información sobre este proxecto a tendes no blog de galego do colexio

 

Reserva praza no instituto adscrito IES Os Rosais Curso 2024-25

O alumnado de 6º de Educación Primaria do Ceip García Barbón que desexe continuar os seus estudos no centro adscrito IES OS ROSAIS 2, deberá realizar a reserva de praza

Información importante

Datas: 15 de xaneiro-5 febreiro

Información completa

Manual cubrir documento

Presentación de solicitudes (acceso aplicación)

  •   Telemáticamente
    • Cubrir a solicitude , asinar e presentala  no Ceip García Barbón
    • Cubrir   e asinar a solicitude telemáticamente na Sede Electrónica
  •   Forma presencial
    • Cubrir a solicitude manualmente e presentar asinada  no  Ceip García Barbón.

 

Descarga de documentos

Consulta da listaxe de alumnado admitido

  • 22 de febreiro no taboleiro de anuncios do CEIP García Barbón ou na aplicación  admisiónalumnado

 

 

 

Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Orde de 4 de xaneiro de 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut