Skip to Content

NOVAS DO CENTRO

Día da Discapacidade

O día 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade. 

 

No cole García Barbón estivemos a reflexionar e démonos conta de que a pesar de ter dificultades nalguns aspectos, son persoas moi CAPACES e que está na nosa man facerlles a vida máis fácil e recoñecer o seu talento. 

 

Aquí tedes unha mostra do traballo dos nenos e nenas do cole.

 

 

Renovación parcial integrantes Consello escolar

No día de onte tivo lugar, no centro, a reunión da Xunta electoral que regula o proceso de renovación do Consello Escolar e aprobou o calendario que desenvolve todo o proceso en base a RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Clicar no enlace para acceder ao documento.

 

Samagostin

(Clica no enlace para ver en pantalla completa)VÍDEO SAMAGOSTÍN de Miriam (

Programación Xeral Anual

A Programación Xeral Anual (PXA) foi aprobada polo claustro e consello escolar do CEIP Plurilingüe García Barbón en sesións celebradas o día 18 de outubro do 2022.

Calendario escolar 20222-23

CALENDARIO ESCOLAR 2022/2023

Mes

Día

Lenda

Setembro

8

Inicio da actividade lectiva nas etapas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria

Outubro

12

Festivo nacional

31

Día do ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos

Novembro

1

Festivo nacional

Decembro

6  e 8

Festivos nacionais 

23 a 31

Inicio das vacacións escolares de Nadal

Xaneiro

3 a 6

Vacacións escolares de Nadal

Febreiro

20-22

Vacacións escolares de Entroido

Marzo

28

Festivo Local ( A Reconquista)

Abril

3 ao 10

Vacacións escolares de Semana Santa (ambos incluídos)

Maio

2

Aprobado pola Xefatura Territorial de Educación

17

Día das Letras Galegas – Festivo autonómico

Xuño

21

Remate da actividade lectiva 

Reunións principio de curso

Adxuntamos un calendario coas reunións principio de curso, e modifica a que se mandou por abalar xa que existía un erro no mesmo

Reunión inicial familias 4º E. Infantil curso 2022-23

Convocamos ás familias de 4º de Educación Infantil, que se incorporan este ano ao centro, a unha reunión para tratar diferentes aspectos académicos, organizativos, coñecer ao profesorado, resolver as dúbidas,...

·      Día: 5 de setembro de 2022

·      Hora: 12:00

·      Lugar: Pavillón do centro

Aviso o profesorado do CADP con destino no CEIP García Barbón

Prégase ao profesorado que obtivo destino neste centro na resolución definitiva do CADP, se poña en contacto co centro enviando un correo electrónico  a ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal

A nosa intención é realizar o día 1 de setembro un claustro de distribución horaria e para convocarvos necesitamos as vosas contas de correo.

Moitas grazas

 

Aviso familias 4º Educación Infantil Curso 2022-23

 

Comunicamos as familias de 4º de Educación Infantil do curso 2022-23 que xa están a vosa disposición as listaxes cos grupos do período de adaptación. Podedes consultalo a través do código QR que vos demos na reunión ou contactando co centro (886111087)

 

 

Feliz verán. Vémonos en setembro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut