Nesta sección hai documentación relativa ao todo proceso de admisión para o curso 2021-22. Ao clicar en cada unha das pestanas aparece información relativa a ese aspecto
ADMISIÓN 2021-22
Matricula 2021-22
- Normativa
- Presentación solicitude
- Documentación
- Prazos
- Criterios baremación
- Elaboración e publicación listaxes
- Área influencia
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Manual cubrir documento
- Breve guía para cubrir a solicitude de admisión
- PRESENTACIÓN SOLICITUDES Será única e pódese presentar:
- Forma electrónica
- Cubrir a solicitude na aplicacion admisionalumnado e presentarase en sede electrónica (tendo certificado dixital ou chave365)
- Forma presencial
- Cubrir a solicitude na aplicacion admisionalumnado, asinar e presentala no CEIP García Barbón
- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada no CEIP García Barbón
Anexo II Descarga impreso de admisión (galego)
Anexo II Descarga impreso de admisión (castelán)
- ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN EN SECRETARÍA
- Solicitar cita
- Teléfono: 886111087
- Correo electrónico: ceip.garcia.barbon@edu.xunta.gal
INFORMACIÓN IMPORTANTE
- A solicitude pode asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos/as comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
- Nos demais casos requirese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situación de violencia de xénero.
DOCUMENTACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN
- Copia do DNI da persoa solictiantes e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
- Fotocopia do libro de familia
- Convenio regulador u resolución xudicial de separación xudicial u divorcio, se é o caso
DOCUMENTACIÓN PARA A BAREMACIÓN NO PROCESO DE ADMISIÓN
- Documentación xustificativa dos criterios de baremación que se precisen alegar
- Autoriza a consulta automática dos datos,
- Non fai falta presentar documentación dos seguintes criterios
- Domicilio fiscal e renda per cápita da unidade familiar
- Condición de familia numerosa
- Discapacidade do alumnado, do/da proxenitor/a, do/da titor/a ou dos/das irmáns/ás recoñecida pola Xunta de Galicia.
- Presentar documentación para o resto de criterios
- Non autoriza a consulta automática dos datos
- Debe presentar documentación para todos os criterios de baremación
IMPORTANTE
- RECOMENDAMOS APORTAR TODA A DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMACIÓN XUNTO COA SOLICITUDE, en previsión de que haxa que baremar
- Revisar os criterios de baremación, antes de autorizar a consulta automática dos datos, por si precisades achegar algunha documentación que aclare a situación actual nalgún dos apartados
- De non coincidir os domicilios familiar e fiscal, as persoas interesadas deberán presentar a documentación complementaria; (copia do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar-escritura de compravenda ou doazón, contrato de aluguer- e contrato de alta de recibos actualizados de subministracións -auga, luz, gas- a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión
- Vacantes curso 2021-22
o Antes do 1 de marzo: publicación dos postos escolares vacantes no taboleiro do centro docente
- Sorteo público para efectos de desempate: 25 de febreiro. Enlace a anuncio do sorteo público
- Resolución do sorteo
- Para os efectos da resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2021/2022, conforme ao resultado do sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "W" e "S"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F"
- Presentación solicitude de admisión
Do 1 ao 22 de marzo de 2021 ( ambos incluídos)
- Presentación documentación acreditativa dos criterios de baremo:
o 10 días hábiles a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión
- Fóra de prazo
- As instancias presentadas entre o 23 de marzo e o 18 de maio (ambos incluídos) serán consideradas fóra de prazo
CRITERIOS |
PUNTOS |
Irmáns matriculados no centro ou no adscrito |
|
Nai, pai titoras ou titores legais que traballen no centro |
|
Por proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dalgún dos pais ou titores legais |
|
Renta anual per cápita da unidade familiar, valorada por referencia ao indicador de renda de efectos múltiples (IPREM) |
|
Condición de familia numerosa |
|
Familia monoparental |
|
Concurrencia de discapacidade na alumna, no alumno ou nalgún dos seus proxenitores ou irmáns |
|
Criterio establecido polo centro educativo |
|
DATOS DE INTERESE
- Irmáns matriculados no centro ou no centro adscrito
- Fotocopia do libro de familia
- No caso de menores en situación de acollemento, fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social
- Criterio nai, pai, titora ou titor que traballe no centro
- Documento acreditativo expedido polo centro educativo
- Proximidade do centro educativo ao domicilio familiar ou lugar de traballo Na solicitude de admisión a persoa solicitante deberá indicar, para pos efectos de baremo, a súa opción polo domicilio familiar ou polo lugar de traballo, non sendo acumulables as puntuacións polos dous criterios
- Acreditación do domicilio familiar
- Certificado do Padrón Municipal (mellor volante histórico de convivencia. É gratuito) no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel.
- A data de alta no domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión agás circunstancias debidamente xustificadas
- De non coincidir os domicilios familiar e fiscal, as persoas interesadas deberán presentar a documentación complementaria; (copia do título que lexitime a ocupación da vivenda declarada como domicilio familiar-escritura de compravenda ou doazón, contrato de aluguer- e contrato de alta de recibos actualizados de subministracións -auga, luz, gas- a nome da persoa ou persoas que solicitan a admisión
- Acreditación do lugar de traballo
- Traballadores/as por conta allea: documento expedido para o efecto polo empregador, xunto cunha copia do contrato de traballo
- Traballadores/as por conta propia: alta censal inicial ante a Axencia Estatal Tributaria, con todas as modifcacións posteriores e as altas na Tesouraria Xera no Réxime de Seguridade Social
- Persoal ao servizo das administracións públicas: certificado da Xefatura de Persoal correspondente
- Renda per cápita da unidade familiar: facer constar a cantidade correspondente a base impoñible (declaración conxunta) ou base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar (declaración individual).
- A tal efecto farase constar a cantidade que resulta da suma das casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible de aforro) do IRPF do ano 2019
- No caso de non facer declaración constarán os ingresos segundo os datos que facilite a Axencia Estatal da Administración Tributaria
- Esta cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar referido ao 28 de febreiro de 2021
- Utilizarase o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual correspondente ao ano 2019. CANTIDADE: 6.454,03 euros
- Condición de familia numerosa
- Fotocopia do título oficial en vigor ou do carné familiar galego expedidos pola Consellería Política Social, ou copia da solicitude de recoñecemento ou renovación
- Criterio familia monoparental
- Fotocopia do libro de familia, certifiado de convivencia, resolución xudicial de separación, divorcio ou medidas paterno-filiais ou convenio regulador
- Acreditación e valoración do criterio de discapacidade
- Certificación do grao de minusvalia expedida pola Consellería de Política Social ou, se é o caso, do órgano competente doutras administrativas públicas
- Elaboración
- Elaboradas exclusivamente pola aplicación admisionalumnado e poden ser consultadas na mesma aplicación
- Publicación e consulta
- Presencial: única e exclusivamente no taboleiro de anuncios, no interior do edificio escolar. Pola lei de protección de datos non se poderá facer noutro sitio
- Non presencial: A través da aplicación admisionalumnado empregando chave365 ou certificado dixital.
- Na web do centro poderase anunciar o momento no que as listaxes estean dispoñibles na aplicación e no taboleiro de anuncios
CALENDARIO PUBLICACIÓN LISTAS
- Listados admisión alumnado
o Os listados provisionais de alumnado admitido e excluído publicaranse, por orde da puntuación total obtida, antes do 25 de abril
- O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte a súa publicación
o Os listados definitivos antes do 15 de maio
- Formalización matrícula infantil e primaria
o Do 20-30 de xuño
PUNTUACIÓN TOTAL E CRITERIOS DE DESEMPATE
No caso de empate a puntuación final, resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos referidos criterios atendendo a seguinte orde de prelación
- Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro
- Nai,pai ou titores que traballen no centro
- Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo de nai, pai ou titoras/es
- Renda anual per cápita da unidade familiar
- Condición de familia numerosa
- Condición de familia monoparental
- Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, na nai, pai ou titoras/es ou irmás ou irmáns
- Criterio establecio polo centro eduativo
Se unha vez aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o resultado do sorteo público, que realizará a Consellería á última semana de febreiro e, en todo caso antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes
ZONA DE INFLUENCIA DO CENTRO
ZONA 5:
- Dende o cruce de Isaac Peral e Camiño do Viso seguindo pola rúa San Xosé de Monte ata o cruce coa rúa Cantabría; e seguindo pola Avenida do Aeroporto ata a rúa Tomás Elvira e dende eiquí pola Avenida Ramón NIeto , rúa Urzaíz e rúa Colón ata o Porto
CLICANDO NA IMAXE
- Accedese ao mapa de centros de educación infantil e primaria de Vigo por zonas
- Seleccionando a zona 5, sae delimitado o que corresponde a esta zona
CLICA NA IMAXE PAR A OBTER OUTRA INFORMACIÓN SOBRE O CENTRO