Skip to Content

Actividades complementarias curso 2010-11

As actividades complementarias para o presente curso son as seguintes :

1.- O Magosto, que abranguerá ademais da degustación das castañas diferentes actividades nas que intervirán todas as clases.

2.- O Día dos Dereitos Humanos, traballo de cada mestre na aula.

3.- A celebración do Nadal, coa participación da meirande parte do alumnado, profesorado, nais e pais.

4.- A celebración do “ Día da Paz” coa participación de todos os/as nenos/as do Colexio con distintas actuacións alusivas ao tema.

5.- Salón do Libro.

6.- O Entroido, realizaranse actividades en cada aula.

7.- Os Maios, celebrámolo a nivel interno, no propio Colexio, e a nivel externo, participando na festa que convoca o Concello o día 1 de maio na Ferrería. A nivel interno, coa colaboración do profesorado, cada clase confeccionará as dúas coplas que logo cantará ao redor do Maio o día da festa.

8.- Letras Galegas, actividades a traballar en cada aula.

9.- Festival de fin de curso no que participan alumnado, profesorado e ANPA. Nesta celebración haberá dramatizacións, cancións, danzas...



Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

page | by Dr. Radut