|
|||
O noso alumnado segue editando e protagonizando o programa "TAS OU NON TAS". Este novo capítulo está adicado a un término moi nomeado na nosa zona, a palabra "Naide". Non o perdas!
|
|||
O pasado 4 de marzo, parte do alumnado do CEIP Fondo Nois participou na 2ª xornada do campionato comarcal de xadrez, no Colexio Martínez Otero de Foz, dentro do Programa Xogade (Xogos Deportivos en Idade Escolar). O vindeiro sábado 18, celebrarase a 3ª e derradeira xornada no CEIP Virxe do Carme de Burela. A continuación podedes ver diferentes momentos de dita competición.
|
|||
O pasado 8 de marzo conmemoramos no noso centro o Día Internacional da Muller, pretendendo sensibilizar e promover a igualdade no noso alumnado como base de respecto e tolerancia entre as persoas. Para isto realizamos diferentes actividades, entre elas:
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
|
|||
Na clase de Ciencias Naturais, realizamos un experimento moi interesante e educativo con claveis, que permitiu aprender acerca da absorción de auga e nutrientes nas plantas. Queremos expresar a nosa sincera gratitude aos amigos da tenda de flores, Ana Fabeiro Arte Floral, xa que quixeron colaborar amablemente co centro e as flores foron de balde. (Preme na imaxe para acceder ao documento)
|
|||
|
|||
Ábrese o prazo para a solicitude de admisión de alumnado. RELACIÓN DE DOCUMENTOS PARA A MATRICULACIÓN (algúns facilítanse no centro)
|
|||
O pasado venres, o alumnado de 5º e 6º de Primaria recibiron na biblioteca a visita de persoal da Axencia Tributaria. Fidalgo e Miguel impartiron unha charla sobre Educación Cívico-Tributaria (PECT), co obxectivo de transmitir ao noso alumnado os valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e contrarios ás condutas defraudadoras. Foi unha charla moi enriquecedora.
|
|||
|
|||
|
|||
