Skip to Content

CAPÍTULO 14 "TAS OU NON TAS"

O noso alumnado déixavos un novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", no que veremos como conxugamos os verbos facer e poder na nosa zona, xa que aquí “faigo” e “poido” no canto de “fago” e “podo” como no resto de Galicia.

I Simposio Internacional de Zooloxía da Mariña. Documental.

Como xa sabedes, esta semana temos a extraordinaria visita dos mellores investigadores de todo o mundo, para reunirse no I Simposio Internacional de Zooloxía da Mariña, que terá lugar no noso centro mañá venres. Mencionar, que nos quixeron agasallar con este impresionante documental, onde se recolle a súa experiencia como investigadores e que foi realizado e editado por eles mesmos.

Estamos súper orgullosos de vós! Parabéns a todas e a todos e grazas polo agasallo! Sodes uns cracks!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O ENTROIDO.

NOVAS DE ÚLTIMA HORA.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos no noso centro o Día da Non Violencia e a Paz. Para dar comezo, dous alumnos de Primaria leron un manifesto para a Paz. A continuación, todo o alumnado, profesorado e persoal do centro participamos nunha coreografía elaborada por Alba, a nosa mestra de Música, da canción "A mi me gusta la vida" de Funambulista.

PORQUE... "GÚSTANOS A VIDA!"

Podedes ver o vídeo premendo na imaxe.

O MECO DI...

Chega o Entroido e un ano máis o noso amigo O Meco volve coas súas ordes para facernos pasar unha semana moi divertida. Animádevos!

COMPARTINDO CONTOS.

Onte,  disfrutamos na nosa biblio, dunhas sesións de contacontos a cargo do alumnado de 5º de Primaria, nas que compartiron cos máis peques (Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria) os contos “A TEA DE ARAÑA”  e “IRIÑA BAILARINA”.

Sodes uns excelentes narradores!

A continuación podedes ver os vídeos premendo nas imaxes.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Dende o equipo de biblioteca propoñémosvos as seguintes lecturas para conmemorar o 30 de xaneiro "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ".

CAPÍTULO 13. "TAS OU NON TAS"

O noso alumnado déixavos un novo capítulo do Programa "TAS OU NON TAS", onde nos falan dos chícaros, un produto moi presente na historia da xente de Foz, xa que supuxo un recurso moi importante na mesa e nas economías familiares no século pasado.

SESIÓNS DE CINE NOS RECREOS.

Despois das obras, por fin podemos voltar á biblioteca nos recreos, retomando o noso proxecto "Estamos rodeados". Todos os xoves teremos unha sesión de cine, na que se proxectarán os capítulos da serie de animación "Diminutos". Anímate a vir! 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut