Campionatos

campionato fútbol/sexto 2020

Xa empezou o campionato de fútbol de sexto de primaria. Moi pronto poderedes ver vídeos dos partidos.

Deixámosvos un aperitiviño para comezar. 

 
Equipo azul-equipo gris_ 02 de marzo de 2020
  
 
Equipo azul-vermello_14 de febreiro de 2020
 
 
Equipo laranxa-gris_14 de febreiro de 2020
 
 
Equipo azul claro-gris_19 de febreiro de 2020
 
 
Equipo laranxa-azul escuro_19 de febreiro de 2020
 

campionato de fútbol sexto

Nos vindeiros días vai comezar o campionato de fútbol para o alumnado de sexto de primaria.

Os partidos vanse xogar no pavillón do colexio, durante os recreos, e intentarei poñervos nesta páxina toda a información que sexa de interese para que se desenvolva con normalidade.

Como xa vistes, o primeiro que tedes que facer é inscribirvos nas follas de inscrición que tedes nas vosas aulas. Recordade, non fagades equipos, estes faranse nunha reunión que faremos próximamente. Estade atentos.

Premendo na imaxe de abaixo podedes ver o regulamento do torneo. Lédeo, porque evitará moitos problemas que se soen producir por desinformación. Tede en conta que se hai que explicalas tódolos días, ao final non dá tempo a xogar practicamente nada.

Por certo, sabiades que hai unha xogadora de fútbol galega que é unha das 23 lendas FIFA? Chámase Verónica Boquete e a súa foto aparece en varias das follas do regulamento do noso torneo.

Para promocionar o Mundial feminino de Francia 2019, vestírona de superheroína e lle atribuíron un superpoder: "VEROCITY".

Clicando na imaxe de abaixo poderedes coñecela mellor. É moi interesante todo o que dí.

 

 Se tedes curiosidade por saber quenes eran os outros e outras 23 superheroes e superheroínas, podedes velos clicando aquí. Hai un xogador de fútbol, tamén galego, entre os outros 22. Saberías dicirme quen é?. E cal é o seu superpoder?.

Dimo o vindeiro día na clase de educación física e así xa sei que leches, polo menos, esta páxina Guiño

Distribuir contido