Skip to Content

Badmintón

Badminton_Ceip fogar

 

Estes días estamos a traballar un deporte olímpico e paralímpico: O badminton. Na cabeceira tedes dous dos máximos representantes do badminton español e mundial: Carolina Marín e Simón Cruz.

Se nunca viches xogar a badminton, podes ver este vídeo e faraste unha idea. clica nas imaxe oara poder visualizalos.

Nalgún navegador pode haber problemas para velo, en google Chrome funcionan perfectamente.

Durante a primeira semana estivemos practicando autolpeos para conseguir aprender ou mellorar o control do voante coa raqueta. Nalgúns casos tamén empezastes a xogar 1 con 1 e, a uns poucos, douvos tempo a practicar 2 con 2.

A progresión que imos seguir é a que segue:

Primeira semana:

1º día: Autogolpeos / exercicios 1 con 1 sen rede / exercicios 1 con 1 con rede  

2º día: recordo do anterior / saques / 1 con 1/ 2 con 2

3º día: recordo do anterior / tipos de golpes / 1 contra 1/ 2 con 2

4º día: recordo do anterior / 2 con 2 / 2 contra 2

5º día: Practicar todo o aprendido ata ese momento para afianzalo

6º día: competición con diferentes regras para que todos poidamos disfrutar.

Déixovos algúns dos exercicios que xa fixestes e/ ou ides practicar. 

RETO: AUTOGOLPEOS 

 

RETO: SAQUE BAIXO DEREITA 

  RETO: SAQUE DE REVÉS 

  

RETO: SAQUE DE REVÉS E DE DEREITA

RETO: RALLY CINCO TOQUES PARELLAS SEN GOMA

RETO: RALLY CINCO TOQUES PARELLAS CON GOMA

Déixovos tamén uns vídeos onde se exprican as regras máis importantes do badminton, tanto de individuais como de dobres.

As regras que necesitades saber para poder xogar partidos de badminton 1x1 e 2x2 en educación física son os que aparecen, á dereita, na ficha. Hai tres posibilidades: fácil, medio e difícil.

Se queredes xogar coas regras oficiais, teredes que facelo coas que se explican nos vídeos de baixo co título en vermello: "regras individuais" e " regras de dobres". 

Eu aclarareivos as dudas en clase pero só se vistes primeiro os vídeos. en caso contrario, seguiredes practicando badminton pero sin partidos.

REGRAS DE INDIVIDUAIS

REGRAS DE DOBRES

Se queredes xogar tamán coas regras de saque oficiais: quen saca, cando se cambia de saque,.... mirade os vídeos de abaixo co título en azul:"regras de saque individuais" e "regras de saque de dobres".

REGRAS DE SAQUE DE INDIVIDUAIS

 

 REGRAS DE SAQUE DE DOBRES

 GOLPES MÁIS FRECUENTES EN BADMINTON

CLEAR 

DRIVE

DROP/DEJADA

 

LOB/GLOBO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut