Skip to Content

Actividades

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

Aqui vos deixamos os videos das excursións realizadas este ano, a primeira ás illas Cíes por alumnos e pais de 3º a 6º de primaria o pasado 25 de Maio de 2013, e tamén vos facilitamos un link enviado por un dos pais que veu á excursión onde poderedes ver as fotos que os envía. E a segunda realizada polos alumnos de infantil e 1º e 2º de primaria, na que realizamos unha viaxe ent ren para coñecer os museos científicos da Coruña.

Pulsa aqui para velas fotos da excursión ás illas Cíes.

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Xa chegou o tempo da excursión de fin de curso, este ano coa intención de facer que a excursión se adapte máis as idades dos rapaces, faremos dúas excursións por separado.

MERCADIÑO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013-2014

Ó remate do curso 12-13, dende a ANPA organizaremos un mercadiño de libros de texto usados, este mercadiño realizaráse en dúas fases:

1.    Compra de libros por parte da ANPA: Terá lugar

os días 25, 26 e 27 de Xuño en horario de 16 a 19 horas, compraránse libros atendendo ós seguintes criterios:

A)    Os libros deben estar en bo estado. (forrados, sen nome do nen@, sin rotura de páxinas, sen debuxos nen garabatos) en resumen, no estado no que vostede accedería a mercalo.

B)    Só se comprarán os libros do listado oficial publicado (libros de educación Primaria). Este listado elaborouse dacordo co centro, e son libros que permanecerán vixentes no vindeiro curso 13-14.

C)  Rexeitarase calquera libro que non estea en condicións de ser vendido posteriormente.

D)   Haberá un único prezo de compra 5,00 €/libro.

2.    Venda de libros: A ANPA poñerá á venda os libros comprados durante

os días 1, 2 e 3 de Xullo en horario de 16 a 19 horas, atendendo ós seguintes criterios:

A)  Os socios da ANPA terán preferencia na compra, dispoñendo do primeiro día de compra reservado só para os socios, e un prezo de venda de 6,00 €/libro.

B)    O prezo de venda para os non socios, será de 8,00 €/libro.

O marxe de beneficio dos libros costeará os libros que non sexan vendidos, que pasarán a formar parte dun depósito de libros da ANPA.

 

Descargate aqui o listado oficial de libros para o mercadiño

Escola de Pais e Nais 2012-2013

Estimadas familias:

 Queremos anunciarvos por medio desta circular o inicio dunha  actividade organizada e dirixida pola Concellería de  Educación do Concello de Noia, con carácter gratuíto, destinada a familias  de rapaces/as  en idade escolar: “Escolas de pais e nais”.

 Esta é unha actividade que pretende crear...

Servizo de comedor escolar

Descargate aquí o menú para os meses de Febreiro e Marzo.

Se queres máis información acerca dos menús pulsa aqui

Descargate o formulario para inscribirte no comedor escolar

Calendario comedor escolar : dende o luns 17 de setembro ata o 20 de xuño de 2013.

Prezo: 5,50 euros/día para os que coman o mes completo (SÓ SE PAGAN OS DÍAS QUE SE COME, 20 DÍAS/MES)

           6,50 euros por xantar diario (para os nenos que comen ocasionalmente – VALES)

            As familias con dous o máis nenos, terán un...

Distribuir contido


by Dr. Radut