Skip to Content

Servizo de comedor escolar

Descargate aquí o menú para os meses de Febreiro e Marzo.

Se queres máis información acerca dos menús pulsa aqui

Descargate o formulario para inscribirte no comedor escolar

Calendario comedor escolar : dende o luns 17 de setembro ata o 20 de xuño de 2013.

Prezo: 5,50 euros/día para os que coman o mes completo (SÓ SE PAGAN OS DÍAS QUE SE COME, 20 DÍAS/MES)

           6,50 euros por xantar diario (para os nenos que comen ocasionalmente – VALES)

            As familias con dous o máis nenos, terán un... 15% de desconto no prezo do 2º, 3º e posteriores irmáns.

Para os nenos que coman todos os días:

·         cubrir a folla de inscrición adxunta e remitirla no buzón da ANPA.

·    cubrir a autorización de domiciliación bancaria: o pago do comedor escolar só se fara por domiciliación bancaria.

·        alumnos subvencionados polo concello: o concello mandanos a lista dos nenos subvencionados e pagara á ANPA o importe da subvención concedida para cada neno. A ANPA cobrara ás familias a diferencia entre a subvención e o prezo do comedor. O importe que proceda cobrarase por domiciliación bancaria.

·        Todos os nenos que acudan o comedor deberán ser socios da ANPA, na primeira mensualidade xa se lles cobrará os 20 € da cuota de socio. 

·     AVISO IMPORTANTE: O incumplimento das normas no comedor dos usuarios poderá ser motivo de expulsión temporalmente ou definitivo. as inscricións ou as baixas no comedor deben facerse obrigatoriamente a través da ANPA. 

Para o neno/a que coma ocasionalmente:

·         mercar por anticipado no local da ANPA ou na secretaria do colexio un vale  (6,50 €/vale, so é válido para un Xantar)

·         chamar antes das 18h00 do día anterior  – teléfono 981 865 134 para apuntar o neno

·         o neno deberá entregar o vale da comida ó persoal do comedor o mesmo día que vén a comer.

Horario de comedor escolar:

          O comedor escolar funciona de 14:00 a 16:00 horas, hora límite para recoller os nenos que fagan uso do comedor e que non se queden a actividades extraexcolares a partir das 16:00 horas.

Empresa de catering:

O servicio de comedor faise na modalidade de catering, este curso renovamos a contratación da empresa Valverde de delicatessen, S.L.; debido o bo servizo prestado nos dous cursos anteriores. Esta empresa está situada na entrada de Corrubedo (Riveira) Camping Restaurante Valverde.  





page | by Dr. Radut