Skip to Content

Normalización

DÍA DA MULLER

Aimee, unha muller e unha historia marabillosa! Thank you!

 
Non temos palabras para describirmos o que nós sentimos despois de escuitar a historia da nosa querida Auxiliar de Conversa, Aimee.

Vietnamita de nacemento, tivo que emigrar e ser unha refuxiada por mor da guerra do seu país. Estivo durante anos pendente dun bunker que construíu seu pai na súa casa para protexerse das bombas e da barbarie.

Estudou, estudou e estudou e logrou o seu soño: enxeñeira, respectada por homes e mulleres, presidenta dunha fundación-ONG "Vietnam Fundation" que mellora as condicións de vida dos nenos e nenas do Vietnam.

Muller libre!

Todo iso e máis nos amosou hoxe nunha charla inesquecíbel.

Thank you for all, Aimee, you´re also the future!

 
   
   
     
 
 
 
 

DÍA DE ROSALÍA

Entrega de premios II concurso de poemas ilustrados "Día de Rosalía" de 2020

 

A concellería de Cultura entregou os premios do concurso de poemas ilustrados “Día de Rosalía 2020”

Kirk Groba Lefevre, da nosa escola, é un dos gañadores

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, entregou no auditorio municipal os premios do II concurso de poemas ilustrados “Día de Rosalía 2020”, enmarcados na programación dos actos e actividades con motivo do mes da ilustre escritora Rosalía de Castro.
Os centros educativos de Ponteareas participaron, un ano máis, neste concurso que pón en valor a figura
da pensadora e poetisa galega e promove o coñecemento das e dos nosos persoeiros símbolo de defensa
do pobo galego e da nosa lingua.
 
 

ENTROIDO

MANDADIÑOS DO MECO

La imagen puede contener: texto

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

 

E CHEGOU O VENRES!...

VÍDEO RESUMO DO ENTROIDO  

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut