Skip to Content

ANPA

ASAMBLEA XERAL SETEMBRO 2022

                                                                                                             ANPA “SAN XULIÁN”
                                                                                             CEIP PLURINLINGÜE “FELICIANO BARRERA”
                                                                                                                      GULÁNS                         

Prezadas familias,


Dende a Directiva da ANPA “San Xulián” queremos darvos a benvida a este novo ano escolar
2022/2023 que comeza, cheos de ilusión e ganas, no que disfrutaremos desta marabillosa viaxe.
Un ano máis seguimos traballando activamente na educación d@s
nos@s fill@s para lograr
novas metas.


Animámosvos a
colaborar ou participar coa ANPA para seguir enriquecendo esta asociación
na que
tod@s achegamos o noso granito de area.


Mediante a presente comunicárvo-la convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar
o vindeiro MÉRCORES 28 DE SETEMBRO no CEIP Plurilingüe “Feliciano Barrera” ás 17:30
h en Primeira Convocatoria. De non haber quórum, celebraráse no mesmo día e lugar ás 18:00 
h, coa seguinte orde do día:

1.-Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.-Actividades Extraescolares curso 2022 –2023.
3.-Información puntos pendientes do curso anterior.
4.-Renovación da Xunta Directiva da ANPA.
5.-Fotos de recordo, o ano pasado colaboramos con “Sombra Graphics”, para este ano
decidirase se seguir co mesmo ou cambiar, para iso, no caso de coñecer algún outro,
necesitamos que traian orzamento á asamblea onde se decidirá.
6.- Situación/mantemento paradas do autobús(a FANPO solicitou a información para manter
informado ao Concello).
7.-Rogos e preguntas.


Querémosvos lembrar que podedes facervos soci@s da ANPA contactando con calquera
membro da Directiva da ANPA, no correo electrónico
anpasanxulian@hotmail.es , teléfono
658195999 ou na cafetería da cultural (como punto novo deste ano para asociarse).


O prezo da cota de socio/a Anpa deste ano escolar 2022/2023 será de 15€, ademáis teredes,
coma no curso pasado, descontos nas actividades extraescolares e tamén nunha serie de
establecementos colaboradores ao presentardes o carné de socios.(en canto teñamos o listado
definitivo dos establecementos mandarémolo).


Recordámosvos que a asistencia ás Asembleas Xerais é libre, aínda que para ter voto nas
mesmas deberedes ser socios da ANPA.


Agradecemos de antemán a vosa asistencia.


Un saúdo.


A Directiva da ANPA “San Xulián”

 

Asamblea Xeral Ordinaria

 

 

 

 

Prezadas familias


A Directiva da Anpa “San Xulián” convoca unha Asamblea Ordinaria que terá lugar o vindeiro Venres, día 17 de Decembro de 2021, ás 17:15 horas en primeira convocatoria e as 17:45 horas en segunda convocatoria no patio cuberto do CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera,  coa seguinte

Orde do día:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Funcións e obxetivos da Escola de Pais/Nais.
3. Contratación de Servicio de Canguraxe durante o horario no que se impartan os cursos solicitados pola Escola de Pais/Nais.
4. Aportacións de novos canles de Comunicación da Anpa.
5. Sorteo Axendas da Confederación de Anpas Galegas.
6. Rogos e preguntas.

Esperando a vosa asistencia


Un saúdo

A Directiva da Anpa “San Xulián”

 

Asamblea Xeral Ordinaria

Prezadas familias

 

A Directiva da Anpa “San Xulián” convoca a tódolos socios/as a unha Asamblea Ordinaria

que terá lugar o vindeiro Venres, día 22 de Outubro de 2021, ás 17:30 horas en primeira

convocatoria e as 18:00 horas en segunda convocatoria no CEIP Feliciano Barrera.

 

O motivo desta reunión son os seguintes puntos:

 

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Aprobación de presuposto fotos curso 2021/22.

3. Taller disciplina positiva e charla escola de pais.

4. Rogos e preguntas.

 

A continuación procederemos a celebrar unha Asamblea Extraordinaria coa seguinte Orde do

día:

 

1. Renovación da Xunta Directiva ou no seu caso, inicio proceso

disolución da Anpa.

2. Rogos e preguntas.

 

 

Esperando a vosa asistencia

Un saúdo

A Directiva da Anpa “San Xulián”

Distribuir contido


by Dr. Radut