Skip to Content

Secretaría

Publicación Fondo libros e axudas de material e libros

Xa están publicadas as listaxes definitiva  de axuda de material e de libros 2023/2024, pódese comprobar se foi concedida no tablón do cole da aula de música ou mediante a chave 365. 

Poderanse recoller os cheques os días 7,10 e 11 de xullo no centro. Os libros de préstamo de fondo libros de 3º e 4º de Primaria serán repartidos en setembro.

Se non nos puxemos en contacto con vós é porque está concedida a axuda.

Convocatoria de axuda para material escolar, libros textos e préstamos de libros

Estimadas familias.

Ábrese a convocatoria para solicitar o fondo de libros solidarios e axuda para libros de texto e material escolar. Pódese consultar a convocatoria nos arquivos adxuntos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

 

Do 22 de maio ao 21 de xuño (ámbolos dous inclusive) 

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN: 

 

1) Vía telemática dende a aplicación informática de fondo libros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) ou dende a páxina da sede electrónica (Chave 365 ED330B). Para estás formas a Xunta ofrece un manual de usuario.

 

 2) De forma presencial na secretaría do centro en horario de 08:45 h a 13:45h.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude (Poden descargar os ANEXO I e II
  • Copia do libro de familia.
  • *De ser o caso os documentos acreditativos (separación, certificado discapacidade...)

 

O calendario para o fondo libros e axudas para material escolar será o seguinte:

 

3 de xullo

Listaxe provisional de beneficiarios

4 e 5 de xullo

Prazo de reclamación

6 de xullo

Listaxe definitivo de beneficiarios. 

6, 7, 10 e 11 de xullo

Recollida de vales. 

Os libros de 3º e 4º entregaranse en SETEMBRO

 

As listaxes provisionais e definitivas serán publicadas no tablón dentro do centro na fiestra de aula de música e tamén se poderán consultar vía electrónica accedendo ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

 

OLLO o anexo II. Son dous tipos de cadro distintos aínda que poñan continuación o mellor é que firmen os dous cadros todas as persoas membros da unidade familiar ( titores ou pais se son menores) e imprimir máis copias se non chegan os tres recadros dos cadros. 

Un saúdo

 

 

Admisión alumnado

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión en prazo no centro para o curso 2023/2024 obtivo praza de forma provisional.

Podedes consultar a listaxe en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado con un certificado dixital ou chave 365 , ou ben no taboeiro do centro (aula de música).

MATRÍCULA DE MATRÍCULA 20 AO 30 XUÑO DE 2023

 

Aula Matinal do curso 2023/2024

O Concello acaba de comunicarnos que abriuse o prazo para a solicitude de aula matinal para o curso 2023/2024 ata o 30 de abril.

Podedes recoller o modelo no concello, no cole, descargalo da páxina do concello ou picando aquí.

Unha vez cuberto, debedes presentalo por Rexistro ou a través da sede electrónica.

Este é un servizo xestionado polo concello, para calquera dúbida debedes falar directamente co departamento de ensino.

 

Admisión alumnado 2023-2024

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

Prazo de presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo

  •        Documento para solicitude de admisión (ANEXO II ou cubrir na aplicación admisión alumnado da xunta, se se cubre pola aplicación se pode imprimir e entrgar en man na escola ou mediante a sede electrónica, formulario ED 550B)
  • Fotocopia do libro de familia

 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido:

Antes do 25 de abril.

Unha vez publicadas estas listaxes, haberá un prazo de 5 días hábiles para formular reclamación ante o Consello Escolar do centro.

 

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido:

Antes do 15 de maio

Unha vez publicadas estas listaxes, haberá un prazo de 1 mes para interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial.

MATRÍCULA 

Unha vez que a alumna ou alumno é admitido no centro, é necesario formalizar a matrícula.

Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2023

  • Documento de formalización de matrícula (Anexo III-1)
  • 4 fotografías tamaño carné (co nome e apelidos escritos por detrás)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (nun folio sen recortar)
  • Impreso de opción relixiosa
  • Impreso de transporte escolar e autorización para o tratamento dos datos (só no caso de corresponderlle o uso do transporte escolar)
  • Impreso de recollida de datos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut