Skip to Content

Seccións Biligües

Na actualidade impártense no centro a Plástica de primeiro e segundo de Educación Primaria coa colaboración dunha Auxiliar de conversación. Nesta páxina poderás consultar algunhas das nosas creacións.

TYPES OF LINES AND LIGHT AND DARK COLOURS

A semana pasada nas seccións bilingües de Plástica estivemos traballando os diferentes tipos de liñas (punteadas, rectas, discontínuas,...) e as tonalidades das cores (claro, escuro). O alumnado, seguindo as instruccións dadas sobre o tipo de liñas e tonalidades, conseguiu facer estes traballos.

PLÁSTICA/ARTS: 12 JUNE -1st GRADE/1° CURSO-

Good afternoon! 

 

Esta será a última tarefa de arts en inglés, polo que podedes facer un debuxo libre do que queirades e enviarmo.

Tedes un exemplo en adxuntos, pero podedes facer o que queirades.

 

Kisses

Teacher Cris

ARTS (PLÁSTICA) 5 XUÑO -1º CURSO/1st GRADE-

Good afternoon!

O traballo para esta semana será facer unha postal de despedida e agradecemento a Aimee, xa que rematou o seu traballo no cole a pasada semana e quería mandarlle, aínda que fora de maneira dixital, unha breve despedida agradecendo o moito que aprendemos con ela e o esforzo de seguir traballando dende EEUU.

Podedes facer unha tarxeta, como a outra vez (de agradecemento aos heroes), pode ser unha manualidade, algún debuxo, unha postal, algo en ordenador... o que queirades.

Déixovos o vídeo de "feeling" para que recordedes as emocións e os colores en inglés.

Estou desexando ver o que facedes! 

ARTS (PLÁSTICA) 29 MAIO -1º CURSO/1st GRADE-

Hello!! Good morning!

 

Hoxe é a última clase de arts de maio...
Esta vez 
propóñovos un novo vídeo de Aimee, aínda que esta vez fíxoo o seu marido  Steve.

Ensínanos unha técnica para pintar aproveitando unha mancha de café ou algunha outra bebida similar, como o proceso é longo, hai que deixar pasar entre 6-8 horas para que seque. Podédelo entregar ata o 12 de xuño, xa que precisa tempo.

 

Espero que vos guste. I hope you like it!

 

ARTS (PLÁSTICA) 22 MAIO -1º CURSO/1st GRADE-

Hello! How are you?
Espero que estedes ben. Xa ven o fin de semana e a actividade para plástica! Espero que vos guste.

En Arts, esta semana imos traballar o puntillismo. Algúns pode que xa o coñezades, para os que non, tedes estes vídeos nos que podedes ver que é e como se fai.

Podémolo facer usando os dedos (finger paint):



Pero tamén o podemos facer con rotuladores (pens) ou pinturas (crayons) :



Agora imos facer a actividade “spring pointllism” que consiste en facer ou imprimir un debuxo dunha paisaxe ou dun elemento da primavera (spring) e colorealo con este método.
Puntillismo (pointillism) leva tempo, así que tedes toda a semana para facelo, ademais relaxa moito. Podedes facer pintura de dedos, rotus ou lapis de cores (finger paint, markers or colored pencils). Déixovos un par de exemplos:



Have a nice day!

Distribuir contido


by Dr. Radut