Skip to Content

Blogue de Secretaria

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Este curso 2020/21, traballaremos para que a Lingua Galega siga medrando no noso centro:

Alba Amoedo Amoedo. Directora e titora de 1º

Cristina Iturrioz Muñoz. Titora de 3º

Mª Reyes Rivero Fernández. Coordinadora e titora de 6º

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

LETRAS GALEGAS

VISITA DE PETER PUNK!

O venres 14 de maio, con motivo da celebración das letras galegas, disfrutamos dun espectáculo xenial onde o protagonista foi o humor! Pasámolo moi ben con Peter Punk!

                                      

 

TRABALLO COLABORATIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, polo día das Letras Galegas, entre todos os alumnos/as do cole, fixemos unha investigación colaborativa. Buscamos información sobre os autores aos que se lle adicou algunha vez o día das Letras Galegas e despois compartímola nun muro colaborativo. Pica na imaxe para ver que ben quedou!

#xelanatúavoz

O alumnado de 5º e 6º participamos na actividade organizada polo Concello de Ponteareas para homenaxear a Xela Arias.

https://www.facebook.com/visitponteareas/videos/

 

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro comezamos a semana disfrutando da lectura ao aire libre. 

   

 

Ademais compartimos as nosas lecturas favoritas. Escollemos o noso libro preferido na biblioteca e fixemos unha recomendación de lectura, despois ao azar entregamosllo a un/unha compañeiro/a cunha notiña coa nosa recomendación.

 

E os peques de infantil fixeron uns marcapáxinas chulísimos!

                 

Distribuir contido


by Dr. Radut