Skip to Content

NOVO BLOGUE NO CENTRO!

Dende o Eusebio da Guarda, queremos amosarvos con moita ilusión unha novidade: RADIO EUSEBIO DA GUARDA! Unha radio escolar feita con moito agarimo onde dous grupiños, Cultura Basura e PandaParranda estarán creando programas chulísimos.

 

Aquí, dous grupos de rapaces e rapazas de entre 3º e 6º de E.P., axudados polo profe de Audición e Linguaxe, soltan a súa creatividade e contan cousas interesantes. Nos programas, falamos de todo: dende noticias do cole ata entrevistas e todo aquelo que o alumnado atope interesante e desexe contar e amosar aos oíntes.

 

A invitación é clara: sumádevos ao noso blogue. Aí, as ondas da nosa radio transforman historias, e convidámosvos a botar un ollo a esta aventura radiofónica feita con moito entusiasmo. A Radio Eusebio Da Guarda é un espazo onde cada un ten algo que dicir e queremos que todos vos acheguedes para escoitar e participar nesta historia. Esperámosvos con ganas!

 

 

 

Para acceder ao noso espazo web e escoitar os nosos primeiros programas, premede AQUÍ.

 

Estade atentos ao longo do día porque publicaremos outros dous programas!

 



blog | by Dr. Radut