Skip to Content

Entroido no Eusebio

 

Ola familias.

 

Chega o Entroido e toca celebralo dun xeito moi diferente polas circunstancias sanitarias. Como entenderedes, este curso prescindiremos do desfile pola Praza de Pontevedra pero ímolo suplir con algunha actividade dentro do Centro.

 

A temática xeral  este ano  pretende relacionar as diferentes tradicións galegas  co proxecto de Centro “O Eusebio, de aquí, acolá e mais alá”, para que, dalgún xeito, as nosas tradicións cheguen a moitas partes do mundo.

 

Os temas elixidos en cada nivel son os seguintes:

 

·         Infantil 3 anos: “Gondoleros”

 

·         Infantil 4 anos: “Dende Galicia a Australia e Nova Zelanda, unidos polas tradicións”.

 

·         Infantil 5 anos: “ Dende o Samaín galego ata o Día dos Mortos de México”.

 

·         1º : Portugal/ África/Madagascar

 

·         2º: Choqueiros

 

·         3º: Exipcios

 

·         4º: Peregrinos

 

·         5º: Choqueiros

 

·         6º: Gregos

 

O plan previsto, en principio,  é que os nen@s veñan disfrazados dous días:

 

·         Xoves 11 de febreiro: virán co disfraz da temática que corresponde ao seu nivel.

 

·         Venres 12:  disfraz libre.

 

 

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

cigarron.jpg


blog | by Dr. Radut