Benqueridas familias,
A piques de comezar as clases e como xa se vos informou, de xeito progresivo, (xuntamos horarios de entrada para cada nivel), queremos concretar, a modo de resumo, unha serie de consideracións básicas de interese:
- As familias terán que asinar e enviar ao centro educativo a “Declaración responsable “na que se compromete á realización de autoenquisa diaria” (xuntamos ANEXO I). Si o alumno/a presente alomenos un dos síntomas contemplados no Anexo I, non poderá asistir ao Centro.
- Non asistirán ao Centro aqueles que se atopen en illamento por diagnóstico de COVID-19, ou en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- No suposto de sospeita de que un alumno/a comeza a desenvolver síntomas compatibles con COVID-19 no Centro educativo seguirase o protocolo de actuación:
- Levarase ao ESPAZO COVID (espazo de aillamento, colocaráselle unha máscara cirúrxica ou FPP2 e contactarase coa familia.
- O Equipo Covid debe chamar ao centro de saúde de Atención Primaria de referencia, ou ao teléfono de referencia do SERGAS e seguiranse as súas instrucións.
- No suposto da aparición dun caso, ou dunha sospeita, de coronavirus no centro educativo tanto sexa do alumnado, profesorado ou persoal do centro, a persoa coordinadora do equipo formado na COVID-19 contactará coa Xefatura Territorial de Sanidade para comunicalo quen investigará os contactos que existan dentro do centro e os identificará.Estas terán a consideración de contactos estreitos dun caso de Covid-19 e deberán estar en corentena no seu domicilio durante o período que sinale a xefatura de sanidade.
- A familia dun neno ou nena con sospeita de contaxio, deberá solicitar unha consulta telefónica co seu pediatra para que este avalíe a necesidade de solicitude dun test diagnóstico.
- A máscara é de obrigado uso en todo o Cento para o alumnado de Primaria e altamente recomendable para o de Infantil. En todo caso, este último alumnado deberá entrar con máscara e empregala durante os desprazamentos polo Centro.
- O alumnado debe traer tamén unha máscara de reposto.
- O alumnado que por razóns médicas esté exento do seu uso deberá presentar un informe médico que así o determine.
- Se considerará como falta leve (contemplada dentro das N.O.F, Normas de Organización e Funcionamento do Centro) o incumprimento de calquera das normas en relación coas medidas Covid.
- As entradas e saídas serán progresivas para evitar aglomeracións e respectar as distancias de seguridade. (Xuntamos cadro horario)
- Os recreos este curso funcionarán en catro quendas: a primeira delas, para o alumnado de 4º e 5º de E.I, a segunda para 6º de E.I e 1º e 2º de E.P, a terceira quenda para 3º e 4º de E.P e a cuarta quenda para os de 5º e 6º E.P. (Ver Anexo)
- Os patios estarán divididos en zonas asignadas a cada clase, de xeito que os grupos de convivencia non se mesturen (utilizaranse ademais, de ser necesarios, o Parque Infantil da Praza de Pontevedra).
- Todas as aulas do Centro (tanto titorías , aulas de especialidades, ximnasios, e demais habitáculos susceptibles de uso de alumnado, profesorado ou persoal non docente), estarán dotadas de xel hidroalcóholico, líquido desinfectante, panos desbotables e papeleiras con bolsa.
- Contamos con máscaras de reposto para casos de urxencia, termómetros de non contacto e alfombras hixenizantes nas entradas e nos patios.
- Xuntamos
- Anexos de HORARIOS E QUENDAS de:
ENTRADAS día 10 de setembro.
ENTTRADAS día 11 de setembro.
SAÍDAS pola Praza Pontevedra días 10 e 11 de setembro.
RECREOS.
- Anexo I Modelo de autoenquisa diaria.
Estade atentos á páxina web xa que as entradas e saídas do Centro a partir do luns 14 poden variar de horario e ubicación.
Saúdos.
Equipo Directivo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
WEB- ENTRADAS DÍA 10.pdf | 397.71 KB |
WEB- ENTRADAS DÍA 11.pdf | 416.65 KB |
WEB HORARIOS SAÍDAS .pdf | 296.38 KB |
WEB RECREOS 4 QUENDAS.pdf | 208.88 KB |
ANEXO I AUTOENQUISA.pdf | 690.94 KB |