Skip to Content

INSTRUCIÓNS SOBRE A CONCRECIÓN DE MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE

Estimadas familias:

A Consellería ven de publicar as seguintes instrucións sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do 2º trimestre:

1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.

2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.

3. No caso das ensinanzas de formación profesional de grao medio e grao superior na avaliación parcial de módulos do segundo curso no réxime ordinario o equipo docente tomará as decisións de acceso do alumnado á FCT e, nos ciclos de grado superior o módulo de proxecto.

 

Atendendo a estas instrucións, os equipos docentes dos vosos fillos e fillas avaliarán o proceso de ensino- aprendizaxe comprendido entre o 8 de Xaneiro e o 12 de Marzo (último día lectivo presencial obrigatorio).

ABALAR MÓBIL FAMILIAS:

Poderedes acceder a esta información a través da aplicación de ABALARMOBIL a partir do venres 3 de abril ás 14:00 horas.

Aquelas familias que aínda non teñan instalada dita aplicación dicirvos que é un proceso moi sinxelo. O único importante é que, durante a instalación da aplicación, aportedes o mesmo número de teléfono móbil que temos rexistrado no Centro.

Tedes a información no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/abalarmobil

Para calquera dubida poñédevos en contacto con nós a través de:

ceip.eusebio.guarda@edu.xunta.gal ou Teléfono: 981 22 92 64

 

Tanto a 1ª coma a 2ª avaliación teñen carácter informativo, sendo unha ferramenta útil para que tanto profesorado coma alumado e familias valoremos o transcurso do proceso de aprendizaxe, pero entendendo que será a avaliación final ordinaria (asunto aínda por concretar pola Administración, dadas as circunstancias) a que determinará a consecución dos obxectivos do curso.

Seguiremos traballando para que toda a Comunidade Educativa dispoña dos medios de comunicación e interacción que poidan facilitar este período non presencial.

Entendemos que aínda que, a día de hoxe non sexan avaliables, as actividades que se están levando a cabo por parte do profesorado e do alumnado teñen un grande valor, xa que redundan no que a nós como profesionais e a vós coma familia máis nos preocupa: a súa evolución.

Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo.

Equipo directivo.

AdxuntoTamaño
Avaliación 2º trimestre.pdf88.47 KB


story | by Dr. Radut