Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS
Xa se poden consultar no taboleiro de anuncios as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido neste Centro para o curso 24/25.
Contra estas listaxes, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da xefatura territorial porá fin á vía administrativa (Art.36).

ADXUDICACIÓN SUBSIDIARIA
As solicitudes presentadas en prazo que non resulten admitidas no centro docente indicado en primeiro lugar, trasladaranse á comisión de escolarización, que as baremará para cada un dos centros solicitados en que existan postos vacantes, seguindo a orde de preferencia manifestada na solicitude.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula no centro nos prazos seguintes:

Alumnado de educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

b) Alumnado de ESO e BAC: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

De non formalizarse a matrícula no prazo establecido, decaerá no seu dereito a praza obtida.



blog | by Dr. Radut