Skip to Content

 

   

3º Curso

3º E. Primaria. Venres 17 de abril

 Ola familias!!

 Xa é venres, e toca:

  • CCSS e EF.
  • Uns problemas de mates relacionados co reloxo.
  • Unha ficha de ortografía.
  • En Galego recordamos o alfabeto e a revista "O Papagaio" para ler o finde.

música 3º primaria 16 abril

OLA!!!, TEDES AQUÍ UNHA NOVA CANCIÓN PARA PRÁCTICAR COA FRAUTA E UNHA FICHA DOS VALORES DAS FIGURAS E DOS SILENCIOS QUE PODEDES IMPRIMIR OU FACER NA LIBRETA.

SAÚDOS

FAI CLICK AQUÍ PARA VER A DIXITACIÓN DA FRAUTA DE PICO (POSICIÓNS DOS DEDOS)

FAI CLICK AQUÍ PARA VER E ESCOITAR E DESPOIS INTERPRETAR "A LA CLAIRE FONTAIN"

 

SAÚDOS

TAREFA CC. SOCIAIS 3º PRIMARIA , XOVES 16 DE ABRIL

Bo día a todos e todas, imos comezar un tema novo en sociais (xa que todos e todas tedes este libro de texto na casa), o tema 5, que nos fala do paso do tempo (dende a prehistoria ate os nosos días). Adxunto unhas capturas de pantalla das páxinas que ides ler e das actividades que ides facer, que son: As tres preguntas sobre o texto das profesións da páxina 84, e a 1, 2 e 3 da páxina 87, na que teredes, entre outras cousas, que facer unha árbore xenealóxica da vosa familia ate chegar aos avós e avoas, se algún quere e na casa sábenlle decir, pode completala cos bisavós e bisavoas, tataravós e tataravoas etc....

VÍDEO ÁRBORE XENEALÓXICO

 

SAÚDOS!!!!!!

3º E. Primaria. Xoves 16 de abril

Bo día familias!!

O xoves é un día moi divertido para 3º, temos música e plástica!

  • CCSS, creo que toca A Prehistoria, atentos a Dani.
  • Mates, continuade co traballo do reloxo de onte.
  • Música, seguro que Dani pon algunha actividade.
  • Inglés, tedes actividades diversas.
  • Plástica imos traballar co lapis e regra.

3º E. Primaria. Mércores 15 de abril

Bo día familias!!

 Está rematado o traballo de onte? Hoxe vai suave:

  • Contas da semana.
  • L. Castelá, frases feitas, a ver que recordan!
  • Mates, o reloxo. Para facer pouco a pouco, ten actividade plástica.
  • Inglés, buscade unha actividade divertida no traballo de Nacho ou na páxina web do cole.

3º E. Primaria. Martes 14 de abril

 

Faltaban as contas da semana, menos mal que as familias están atentas.

Graciñas

tarefa repaso ciencias sociais 3º

Bo día a todas e todos, mentres a xunta non aclare que se vai facer no 3º trimestre, e a editorial non nos facilite as vosas licenzas,  deixo dúas fichas moi doadas de facer de repaso do tema das paisaxes. (As fichas pódense imprimir pero tamén se poden copiar na libreta os que non teñades impresora)

Saúdossss e ánimo que queda menos !!!Guay

 

FAI CLICK AQUÍ PARA VER UN VÍDEO DAS PAISAXESSorriso

 

 

 

3º E. Primaria. Martes 14 de abril

Ola de novo familias!!

Toca voltar ás nosas rutinas despois dunhas vacacións diferentes. Empezaremos pouco a pouco.

Hoxe temos:

  • L.Castelá uns textos curtos para ler e comprender.
  • Matemáticas, as contas da semana e unhas multiplicacións de repaso.
  • L.Galega, elixe unha poesía, le,copia e decora.

3º E. Primaria. Luns 6 de abril

Bos días familias!!

Estamos de vacacións, pero como temos que quedar na casa…vou propoñer dúas actividades para facer cando vos apeteza:

  • ·         A primeira é de investigación sobre os vermes de seda, envío unhas preguntas e fotos de como van medrando.
  • ·         A segunda é unha páxina web na que atoparedes actividades divertidas para facer no ordenador ou na tablet.

 

 

TAREFA CIENCIAS NATURAIS 3º PRIMARIA

Bo día a todos e todas, mentres espero que os da editorial SM me arranxen as licenzas para facer un grupo virtual e así poder traballar dun xeito máis dinámico, colgo unha actividade de repaso e un vídeo sobre a nutrición. 

saúdos e cando teña acceso xa vos informo de como conectarseGuiño

FAI CLICK PARA VER O VÍDEO DA NUTRICIÓN

 

FAI CLICK PARA ABRIR A FICHA DE REPASO

Distribuir contido


by Dr. Radut