Skip to Content

 

   

Blogues

3º E. Primaria. Luns 6 de abril

Bos días familias!!

Estamos de vacacións, pero como temos que quedar na casa…vou propoñer dúas actividades para facer cando vos apeteza:

  • ·         A primeira é de investigación sobre os vermes de seda, envío unhas preguntas e fotos de como van medrando.
  • ·         A segunda é unha páxina web na que atoparedes actividades divertidas para facer no ordenador ou na tablet.

 

 

TAREFA CIENCIAS NATURAIS 3º PRIMARIA

Bo día a todos e todas, mentres espero que os da editorial SM me arranxen as licenzas para facer un grupo virtual e así poder traballar dun xeito máis dinámico, colgo unha actividade de repaso e un vídeo sobre a nutrición. 

saúdos e cando teña acceso xa vos informo de como conectarseGuiño

FAI CLICK PARA VER O VÍDEO DA NUTRICIÓN

 

FAI CLICK PARA ABRIR A FICHA DE REPASO

1º Educación Primaria. Tarefa Venres 3 de Abril.

Bonjour, familias!

Hoxe vouvos propoñer o seguinte:

- Cantar a canción de “Los días de la semana” en lingua de signos coa palabra prohibida: “Viernes”.

- Facer un xoguete co seguinte recortable:

http://madebyjoel.com/2012/02/paper-circus-rider-toy.html

- Seguir un víde de yoga para calmalos cando estén un pouco inquedos.

 https://www.youtube.com/watch?v=t8748OWc1nQ

- Colorear un debuxo (ou varios) dos que deixo adxuntos.

 

Espero que pasedes unhas vacacións de semana santa tranquilas.

Moito ánimo e paciencia a todos e a todas!!

3º E. Primaria. Venres 3 de abril

Ola Familias!!

Xa é venres, e hoxe entregamos notas!!Sorriso

  • Un pouco de Ciencias e Matemáticas.
  • Exercicio de EF.
  • En Castelán un diario moi especial, cortesía de Vanesa profe de AL.
  • Galego completaremos un cómic.

Actividades para o 03-04-2020. 2º E.P.

Ola de novo familias!. Ante todo pedir desculpas pola data posta onte, quería poñer o mes 4 e non o mes 3, unha xa perde a noción temporal. Aquí mando as actividades para este venres último día do trimestre. Mañá non poñerei traballo pero sí que vos escribirei igual explicando algunhas cousas.

1º Educación Primaria. Tarefa Xoves 2 de Abril.

Good morning, familias!

Hoxe vouvos propoñer o seguinte:

- Cantar a canción de “La cara que tengo yo” en lingua de signos coa palabra máxica: “cara”.

- Facer unha peonza caseira:

https://www.guiainfantil.com/articulos/ocio/manualidades/disco-giratorio-manualidad-facil-de-reciclaje-para-ninos/

- Xogo de contar historias: É preciso meter previamente nunha bolsiña 8-10 papeis pequenos con diferentes debuxos (unha casa, unha pelota, un can... o que prefirades). Eles terán que sacar tres deses papeis e contarvos unha historia na que interveñan os elementos que lles tocaron.

Outro conto lido: http://www.kalandraka.tv/gl/video/beacarta

Ánimo

Actividades para o 2-03-2020. 2ºE.P.

Ola familias, como xa vos dixen onte, mando tarefas de C.Natureza e un corto de E.en Valores.

3º E. Primaria. Traballo do xoves 2 de abril.

Boas Familias!!

O xoves é un bo día porque tedes Música e Plástica.

 

  • En CCSS, revisade o que pon Dani.
  • En Matemáticas tedes que resolver un problema deportivo.
  • En Inglés hoxe buscade un xogo ou escoitade algo do que manda Nacho.
  • En Plástica, poderedes facer unha Marioneta?

 

tarefas ciencias naturais 3º primaria, semana do 30 ao 3 de abril

Bo día nenos e nenas , podedes facer estas actividades do libro de santillana, páxs 112 e 113, actividades 1,2 e 3. Están relacionadas co tema 5 de ciencias naturais , que estudia a enerxía e os seus tipos e de paso vedes as calidades do son e facedes tamén repaso de música.

fai click aquí para as actividades de Santillana.

Ademais , tamén podedes facer as actividades 1 e 2 do noso libro de texto NA LIBRETA, sobre A ENERXÍA E A SÚA TRANSFORMACIÓN, das páxinas 80 e 81, das cales adxunto ficheiro.

LEMBRADE LER DÚAS VECES CON ATENCIÓN O TEXTO DO LIBRO E ADEMAIS É RECOMENDABLE FACER UN PEQUENO ESQUEMA DO MESMO.

saúdos e saúde !!!!!!

 

VÍDEO SOBRE AS FORMAS DE ENERXÍAGuiño

música para 3º e 4º primaria

Bo día nenos e nenas, adxunto tres arquivos de música para imprimir ou copiar, dous son fichas e un deles son apuntes para ler sobre OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN MUSICAIS e poder facer a ficha das diferenzas musicais e poder comentala.

FAI CLICK AQUÍ PARA VER UN VÍDEO SOBRE AS FIGURAS E OS SILENCIOSGuiño

 

FAI CLICK AQUÍ PARA VER UN VÍDEO SOBRE OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN MUSICAISGuay

Distribuir contido


by Dr. Radut