Skip to Content

 

   

Blogues

Religión Católica

Buenos dias familias !!!

Hoy os dejo unas sencillas actividades de religión para esta semana.

Un saludo y mucho ánimo.

 

TAREFA CIENCIAS SOCIAIS, LUNS, 27 DE ABRIL

Bo día a todas e todos, QUE TAL O PASEO DE ONTE? ,propoño para este luns unha ficha de repaso do apartado de historia (no 3º exercicio non aparece a ilustración, polo que mellor facede vos un debuxo con caracterísitcas propias da prehistoria) e a lectura do apartado 4 nas páxinas 94 e 95, COMO SE ESTUDA O PASADO (adxunto captura de pantalla) , despois de ler un par de veces con detenimento facedes os exercicios 23 (OS QUE TEÑADES O LIBRO DIXITAL) que é ver un vídeo, e o 25, no que tedes que facer unha redacción de como estamos a vivir nos nosos días, e no que podedes expresar todas as percepción desta situación tan anómala como é a cuarentena derivada da pandemia do coronavirus.

SAÚDOSSSSSS E ÁNIMO!!!Sorriso

1º Educación Primaria. Programación semanal 27-30 abril. EDITADO.

Bos días, familias.

A partir de hoxe comezamos a traballar cos cadernos do 3º trimestre.

Adxunto unha programación semanal destes e unha organización das tarefas propostas polos especialistas (podedes acceder a estas a través dos hipervínculos).

Debido a situación que estamos atravesando, as dificultades de conciliación laborais, de recursos, de tempo... programei de tal forma que as tarefas non deberan exceder as 2 horas de estudo. Se é así podedes retirarllas e continuar noutro momento ou noutro día.

Tamén organicei as materias por días, deste xeito espero que se vos facilite un pouco o traballo.

Da mesma forma, se alguén o considera oportuno segundo as súas circunstancias, ten a posibilidade de completar os exercicios restantes das páxinas indicadas para cada día.

Espero poder facer en breve con vós unha reunión a través da plataforma Webex para tratar estes e outros aspectos. Mentres tanto, se tedes calquera consulta, non dubidedes en escribirme por Espazo Abalar ou por mail a albertoconejo@edu.xunta.gal .

Editado: Correxido o erro do caderno de lingua galega. Modificamos a última tarefa do xoves cambiandoa por unha proposta de Dani, o especilista de Ed. Musical.

Ánimo.

Actividades para o luns 27 de abril. 2º E.P.

Bo día a tod@s! Mando as tarefas para este luns, así empezamos esta semana que é algo máis curta.

3º E. Primaria. Luns 27 de abril

Ola familias!!

Que tal foi o paseo do domingo? Espero que os vosos fillos e fillas o disfrutaran.

Esta seman ten 4 días, xa que o venres 1 de maio é festa. O traballo do luns:

  • Un pouco de Ciencias.
  • Mates, as contas da semana e uns problemas.
  • Castelá, xénero e número dos substantivos.
  • Galego, lectura e comprensión oral.

TAREFA CC. SOCIAIS 3º PRIMARIA , venres 24 abril

Bo día!!!, mentres ides entrando todos e todas  na aula virtual, propoño que hoxe fagamos os exercicios 16, 17, 18, 19 e 20 da páxina 93 na libreta despois dunha lectura comprensiva, adxunto arquivo coa captura de pantalla.

saúdos

1º Educación Primaria. Tarefa Venres 24 de Abril.

Guten Morgen, familias!

Proposta de tarefas para hoxe:

- Cantar a canción de “Monstruo de los colores” en lingua de signos coa palabra prohibida: “monstruo”.

- Observar os cambios de estado da auga facendo o experimento de conxelala (líquido a sólido) e fervéndoa (líquido a gasoso).

- Ordenar de menor a maior a idade de 3 membros da familia.

 

Boa fin de semana!

3º E. Primaria. Venres 24 de abril

  Ola familias!!

  Xa é venres:

  • Un pouco de Ciencias.
  • Mates, horas, minutos...
  • EF, tedes o neceser!Sorriso
  • Castelá, recordamos os aumentativos.
  • Galego, iniciamos o tema 11 do libro.

 

MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL3, 4 E 5 ANOS

BO DÍA FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL. DÉIXOVOS UNHA PROPOSTA COA CANCIÓN "UN ELEFANTE SE BALANCEABA....", COMO NA CASA É COMPLICADO FACER GRUPOS E XUNTARSE DEPENDENDO DO NÚMERO DE ELEFANTES QUE NOMEAMOS, PODEN FACER O XESTO COS DEDOS DENDE O NÚMERO 1 AO 3, OU ATE ONDE SE PODA CHEGAR. ESO SI, BAILANDO E MOVÉNDOSE POLO ESPAZO. ADXUNTO VÍDEO E FICHA PARA COLOREAR. 

TAMÉN PROPOÑO UNHA ACTIVIDADE COA PERCUSIÓN CORPORAL MOI SINXELA QUE TEDES NOUTRA FICHA QUE TAMÉN ADXUNTO. (ESTA ACTIVIDADE ESTÁ ORIENTADA AOS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS)

VÍDEO UN ELEFANTE....Sorriso

 

 

SAÚDOSSSSSSS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut