Ed. Musical
A DANZA DE ALDÁN
Posted Xaneiro 10th, 2020 by amarcosAquí tedes un Edilim sobre a Danza de Aldán:
5º CANCIONEIRO
Posted Maio 15th, 2015 by davidLembrade de repasar ben as cancións "A PALABRA TEN VIDA" ( o retrouso para primaria) E "MEU O MUNDO É!" (todos e facendo os xestos) para cantalas na celebración das LETRAS GALEGAS.
Están no 5º cancioneiro. Pista 6, para todos, e pista 11, para primaria.
- MEU O MUNDO É! en https://www.youtube.com/watch?v=F1e0wAcXcgw
https://www.youtube.com/watch?v=9jVRUeVgJTE
Moi agradecidos pola vosa colaboración.
Aquí tedes as letras das cancións deste ano para aprendelas. Máis abaixo imos ir poñendo os enlaces que poidamos, teñen que ser libres de copyright, para poder escoitalas. Xa sabedes que imos aprendelas e logo asistiremos a un concerto para poder cantar e danzar con elas no mes de maio. Podedes visitar todos os cancioneiros no noso BLOG
5º cancioneiro ceip da espiñeira aldán 2015 from EDLGESPINHEIRA
Como imos asistir a un concerto de Paco Nogueiras Nodar, queremos aprender as súas cancións, con moita ledicia.
Ou un resumo xeral rápido en https://youtu.be/_QeS-vcocdI
Outros
https://www.youtube.com/watch?v=qkx79hPNPw0
O Maio
Posted Maio 5th, 2009 by amarcosXa podedes ver as fotos do maio deste ano picando AQUÍ.
Ademais como xa seberedes este ano tamén saimos no Faro de Vigo do 1 de maio, se queredes ler o artigo podedes picar AQUÍ.
Canción do Maio de Aldán
Posted Abril 23rd, 2009 by amarcosPara os que non se lembran da canción do noso Maio aquí a tedes para aprendela:
Eiqui ven o Maio,
vestidos de xestas,
para darlle as grazas
a señora Teresa.
Eiqui ven o Maio,
vestido de flores
para darlle as grazas
a señora Dolores.
Eiqui ven o Maio,
por riba dos tellados,
eiqui ven o Maio
de roubar os espantallos.
Eiqui ven o Maio,
por riba das testas,
eiqui ven o Maio,
vestido de xestas.
Eiqui ven o Maio
pola Costa da Vela,
eiqui ven o Maio
camiño de Compostela.
Eiqui ven o Maio
pola pescadería,
eiqui ven o Maio
camiño da Romaría.
Eiqui ven o Maio
polos muros da eira,
eiqui ven o Maio
do colexio de Espiñeira.