Curso 2016/2017
O NOSO COLE FOMENTA A PAZ: SOS PODEMOS FACER POUQUIÑO, XUNTOS PODEMOS FACER MOITO!
Posted Xaneiro 24th, 2017 by davidOBXECTIVO DA XORNADA: Tomar conciencia do valor da paz que non é só a ausencia de guerra senón tamén froito da xustiza e de relacións baseadas no respecto, tolerancia, colaboración mutua e solidariedade.
PEQUENOS XESTOS, GRANDES CAMBIOS!
Cada día imos realizar un xesto e ímolo recordar para que as persoas do noso arredor síntanse mellor.
Luns 23: COMEZAMOS CUN GRAN SORRISO !
Martes 24: TODOS A DARSE APERTAS! QUE BEN SENTA UNHA APERTA!
"Unha simple aperta estremécenos o corazón; danos a benvida e fainos máis levadeira a vida" Anónimo.
Mércores 25: día das "Gabanzas"
Xoves 26:Mensaxes secretas! Hai mensaxes por todo o centro... cada un/unha a coller a que necesite ou queira!
Luns 30 último xesto: axudamos a alguén.
Os xestos ademais de traballalos hai que poñelos en práctica, así que todo o centro traerá alimentos que se cambiarán por un bocata ou por froita.
Os alimentos se entregarán a Cáritas de Aldán.
Pica nas imaxes e nas palabras para ir a un montón de recursos, xogos e cancións da PAZ
CALENDARIO 2017 C.E.I.P. PLURILINGÜE DA ESPIÑEIRA-ALDÁN
Posted Decembro 30th, 2016 by xurxoboXa temos o calendario do noso centro para o novo ano 2017
Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!!!!!!
Agardamos que vos guste!
O Apalpador
Posted Decembro 14th, 2016 by amarcosXa chega o Nadal, aquí tedes varias páxinas para aprender, divertirse, xogar... Aquí tedes o conto "Antón e o Apalpador"
Ademais do conto fixemos un xogo Edilim sobre o Apalpador, esperamos que vos guste...
ACTUACIÓN EN CANGAS DO CEIP ESPIÑEIRA POLO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Posted Novembro 29th, 2016 by davidVIDEOCLIP "UN BICO SOLIDARIO" DO CEIP PLURILINGÜE DA ESPIÑEIRA-ALDÁN
Posted Novembro 25th, 2016 by davidO outono e o magosto
Posted Novembro 11th, 2016 by amarcosPicade no blog de EDLG para ir a un montón de recursos
Aquí tedes unha serie de enlaces sobre o outono e o magosto:
O outono (Edilim moi bo)
Estamos en outono (EI e 1º ciclo)
Outono Vedoque (en castelán E.I.)
O Magosto (webquest 3º ciclo)
CALENDARIO 2017 CEIP PLURILINGÜE DA ESPIÑEIRA-ALDÁN
Posted Novembro 7th, 2016 by xurxoboDesde hai moitos anos vimos realizando o noso calendario e queremos continuar. Como o ano 2017 vai dedicarse a CARLOS CASARES, queremos poñer algúns anaquiños de obras del.
Aquí podedes ver algúns destes anos pasados.