Curso 2016/2017

O NOSO COLE FOMENTA A PAZ: SOS PODEMOS FACER POUQUIÑO, XUNTOS PODEMOS FACER MOITO!

OBXECTIVO DA XORNADA: Tomar conciencia do valor da paz que non é só a ausencia de guerra senón tamén froito da xustiza e de relacións baseadas no respecto, tolerancia, colaboración mutua e solidariedade.

PEQUENOS XESTOS, GRANDES CAMBIOS!

Cada día imos realizar un xesto e ímolo recordar para que as persoas do noso arredor síntanse mellor.

Luns 23: COMEZAMOS CUN GRAN SORRISO !

Martes 24: TODOS A DARSE APERTAS! QUE BEN SENTA UNHA APERTA!

"Unha simple aperta estremécenos o corazón; danos a benvida e fainos máis levadeira a vida" Anónimo.

Mércores 25: día das "Gabanzas"

Xoves 26:Mensaxes secretas! Hai mensaxes por todo o centro... cada un/unha a coller a que necesite ou queira!

Luns 30 último xesto: axudamos a alguén.

Os xestos ademais de traballalos hai que poñelos en práctica, así que todo o centro traerá alimentos que se cambiarán por un bocata ou por froita.

Os alimentos se entregarán a Cáritas de Aldán.

Pica nas imaxes e nas palabras para ir a un montón de recursos, xogos e cancións da PAZ

Recursos Paz

Valores 

Paz

Blogue de Inglés

Blogue de EDLG

APRENDEMOS PARA O DÍA DA PAZ

O DÍA 3O DESTE MES DE XANEIRO CANTAREMOS ESTAS CANCIÓNS PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ 2017

Xa veredes que é moi doado aprendelas!!!!!!!

Para ver a letra e escoitar a música só temos que pulsar na imaxe

 

 

 

 

CALENDARIO 2017 C.E.I.P. PLURILINGÜE DA ESPIÑEIRA-ALDÁN

Xa temos o calendario do noso centro para o novo ano 2017

 

 

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!!!!!!

Agardamos que vos guste!

O Apalpador

Xa chega o Nadal, aquí tedes varias páxinas para aprender, divertirse, xogar... Aquí tedes o conto "Antón e o Apalpador" 

O Apalpador 
View more presentations or Upload your own.

Ademais do conto fixemos un xogo Edilim sobre o Apalpador, esperamos que vos guste...

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2016-17

Despois de moito traballo, aquí van as novas guías deste curso.

Quedamos á vosa disposición por se houbese algo no que puidésemos axudar.

É o mellor que atopamos, entre moitas persoas, do publicado ou reeditado desde hai 12 meses, máis ou menos, cando fixemos as anteriores. Tamén quixemos poñer algo de Carlos Casares, autor homenaxeado para o 2017, e de Ag. Fdez Paz, para nós todo un referente e un exemplo en moitas facetas, que desgraciadamente nos deixou este ano.

Podedes difundilas canto máis mellor. Como sabedes moitas persoas nos dicían que non saía apenas información sobre novidades que estiveran ben en lingua galega. Por iso levamos xa uns aniños facéndoas. 

Que as poidades aproveitar, vós e as vosas amizades, familiares e quen queirades, o máximo posible. Se alguén quere que se lle envíen por whatsaap que avise ao 661849441 e se lle farán chegar, sen problema.

Unha agarimosa aperta xunto cos nosos mellores desexos e moitos ánimos.

 
 
 
 

O outono e o magosto

 Picade no blog de EDLG para ir a un montón de recursos

BLOG DE EDLG

 

Aquí tedes unha serie de enlaces sobre o outono e o magosto:

 

 

 O outono (Edilim moi bo)

   Estamos en outono (EI e 1º ciclo)

 

 

   Outono Vedoque (en castelán E.I.)  

 O Magosto (webquest 3º ciclo)  

 O magosto    

O castiñeiro  

 

Distribuir contido

Espiñeira nas ondas

Observa-acción 2018-2019/2019-2020

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo