Skip to Content

Comunicado ás familias (14 de setembro)

 Prezadas familias:

Publicamos, neste apartado, unha comunicación para seguir mellorando a organización deste curso. Facer "clic" na imaxe. Un cordial saúdo.

 

LISTADO DE ALUMNADO E TITORÍAS

Ola familias:

Mañá comezamos o curso escolar lectivo 2020-2021, aínda que como sabedes está convocada unha folga de ensino. Deixamos aquí as listaxes dos grupos educativos e as titorías.  Boas noites e moita saúde.

 

Benvidos

Reunión coas familias -PRESENTACIÓN-

Prezadas familias:

Deixamos, neste espazo, a presentación utilizada nas reunións do luns 7 e martes 8 de setembro que resume aspectos da nova organización do centro. O luns 14 publicaremos os documentos definitivos (Plan de Adaptación á situación COVID, Plan de Continxencia Sanitario- Educativo e Plan de Acollida) que están pendentes das últimas actualizacións. Pregamos desculpedes a demora xa que se están a producir cambios de última hora.

Ante calquera dúbida, contactar connosco (Secretaría: 886 120 115)

Nota importante: ao longo da tarde publicaremos os listados dos grupos educativos coas titorías respectivas. Bo día e moito ánimo.

Listados dos grupos educativos para as reunións

Prezadas familias:

 Publicamos, neste apartado, os listados dos  grupos educativos do curso 2020-2021  que servirán para a organización das reunións da vindeira semana. Para as familias que tivesen problemas de asistencia publicaremos unha presentación coa información máis relevante nesta mesma web.

Desfrutade do fin de semana

 

 

listas

 

 

 

 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS (3 DE SETEMBRO)

 Ola familias, bo día:

 

Deixamos aqui os comunicados previos ao inicio de curso do Equipo Docente e da ANPA coas novas referidas á organización escolar e os servizos complementarios de comedor, aula matinal e actividades extraescolares.

En breve, publicaremos a listaxe de grupos para as reunións da semana vindeira.  Para acceder aos documentos, facede "clic" nas imaxes. 


Nada máis, boa fin de semana.

 


 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut