Skip to Content

EXPOSICIÓN "ESCULTORAS E ESCULTORES DE SOÑOS"

 Prezadas familias:

Ao longo desta semana teremos, nas zonas de recreo de Infantil e Primaria", a Exposición Fotográfica " Escultoras e Escultores de Soños". Podedes acceder aos distintos paneis (12) facendo "clic" na imaxe e comprobar onde está situada a vosa foto.

Moitas grazas a todas e a todos por esta solidaria e colorida iniciativa.

 

Exposición

PRAZAS VACANTES DE INFANTIL E PRIMARIA PARA O CURSO 2021-22

Ola familias:

Seguindo o proceso de admisión de alumnado en centros educativos actual, publícase a listaxe de vacantes ofertadas para o vindeiro curso 2021-2022. As familias interesadas dispoñen dende o día 1 ao 22 de marzo para solicitar praza. Prégase facer "clic" na imaxe para acceder ao documento en formato PDF.

En caso de consulta, prégase contactar coa nosa secretaría (886 120 115). Un cordial saúdo.

 

 

TOUR VIRTUAL POLO NOSO COLE

Ola familias: deixamos neste espazo o noso "tour virtual". Para acceder con pantalla completa e alta definición, pregamos fagades "clic" neste enlace:

TOUR VIRTUAL EN 3D (ALTA DEFINICIÓN)

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2022

Ola a todas e a todos:

Este ano teremos Xornadas presenciais de Portas Abertas para que poidades coñecer a liña educativa do noso centro, as súas instalacións e servizos complementarios. Ademáis deixamos algunha alternativa para que nos conezades mellor. Benvidos e Benvidas ao noso cole.

1-  Xornadas Presenciais con cita previa: mércores 16, 23 de febreiro e 9 de marzo en horario de 16.30 a 18 horas ( cita previa: 886 120 115)

2- Viaxe virtual polo noso centro no que poderedes acceder dende esta mesma páxina ,cunha introdución previa realizada polos nosos alumnos.

3- Teléfono de asistencia para información xeral : 886 120 115 

4- ptico coa información esencial do noso centro, a descargar nesta páxina.

5-  Acceso á sección de Educación do Concello onde fiigura información básica sobre os centros educativos de Vigo

xornada_portas_abertas_21

 Esperamos que contactedes connosco para coñecernos e desfrutar da ilusionante etapa infantil e primaria do noso centro. Grazas.

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

la familias:

Este venres, día 29 de xaneiro, celebraremos no cole o Día Escolar da Paz e da Non Violencia 2021. Máis que nunca, nun entorno complicado a nivel mundial, "A Paz é o Camiño" (Mahtama Ghandi). Imos a celebralo coa mensaxe e ritmo desta fabulosa e alegre canción de Uxía Lambona "De Festa". Moita saúde... e Paz. Facer "clic" na imaxe para acceder ao vídeo.

 

Paz2021

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut