Skip to Content

Blogues

HOMENAXE A ROSALÍA

Co proxecto "AS MULLERES TAMÉN CONTAN" queremos dar visibilidade á figura da muller.

Esta semana recordamos a figura da nosa benquerida "Rosalía de Castro".

 

ANIVERSARIOS

O  venres 28 de febreiro celebramos o aniversario de Manuela. Trouxo unha tarta que estaba riquísima. 

Pasámolo moi be!

 

 

BIBLIOPATIO

Hoxe de novo disfrutamos de "bibliopatio".

Entre contos no tempo de lecer.

 

                   

                    

ENTROIDO

O venres 21 de febreiro celebramos o entroido. Disfrazámonos de científicos e científicas, desfilamos seguindo o son da cancion de Marie Curie e bailamos ao ritmo de  de Luís Fonsi. Pasámolo moi ben!!!

 

 

 

 

 

 

 

MANADADOS DO ENTROIDO

Esta semana o entroido chega ao "Emilio González López".

Preparándonos para o venres que é o día grande.

DE AQUÍ PARA ALÁ

"DE AQUÍ PARA ALÁ" é o título do concerto que vimos a semana pasada no  "Palacio da Ópera".

Viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar.

Piano, batería , acordeón...foron moitos os instrumentos que despertaron a nosa curiosidade.

 

VISITA DO MOUCHO

O venres 7 de febreiro tivemos a visita do Moucho, como sempre veu cargado de contos. Explicounos que vive nun bosque preto de Cambre, moi cerca do centro de saúde e da biblioteca, no que hai piñeiros, acibros, buxo carballos...Contounos o conto de  "Riciños de ouro " e " O Globo azul " . Tamén nos tocou unha canción co se acordeón e xogamos cos globos. Deixounos contos para poder ler na clase.  Pasámolo moi ben .

 

 

 

 

 

 

DÍA DA PAZ

Un ano máis celebramos todos xuntos o Día da Paz.

Contamos o conto "Un cuento propio", heroinas por descubrir. Bailamos unha Danza da paz de Mamacabra e Abrazamos as árbores.

EU SON INSPECT@R URBANÍSTIC@ , COIDA DO TERRITORIO ,COIDA DO TEU

Esta semana contamos coa visita de dúas inspectoras  urbanísticas de APLU , organismo autonómico que colabora co Proxecto Terra . Presentan un proxecto lúdico-educativo relacionado co coñecemento do territorio de Galicia.

Coa axuda de Faifá , a ratiña que ven de "Lonxe de Todo" , pasamos un rato divertido entre contos ("Nubes" ,  "Nada de nada" , "Contos de ratiños".)

 

PABLÍSIMO

 

O venres 24 tivemos a visita de PABLÍSIMO que nos contou historias de Príncipas e Princesos: " O prícipe Cincento ",  " As princesas tamén botan peidos " e " O príncipe e os chícharos ".

Foi moi divertido!!

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut