Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

DIA DA PAZ

O xoves 30 celebramos "O DÍA DA PAZ". Todos os nenos e nenas de Infantil decoramos un símbolo da Paz. Tamén traballamos o libro "O HOMIÑO DE PAPEL". Fixemos un gran boneco e no pabillón pegamos nun lado noticias malas e no outro pegamos noticias boas, palabras bonitas e debuxos relacionados coa Paz.Para rematar cantamos e bailamos a canción "COLOR ESPERANZA".

 

 

 

 

MURAL DE INVERNO

Mirade que bonito quedou o noso mural de Inverno, fixémolo entre todos os nenos e nenas de Infantil.

 

                                                          

A BRUXA CATUXA

Mirade que bonito quedou o conto  "A BRUXA CATUXA"

 

 

 


VISITA AO MAC

Como xa sabedes o martes pasado visitamos o Museo de Arte Contemporáeo. Vimos cadros de Santiago Giralda e esculturas de Guillermo Mora. Foi unha mañá divertida na que aprendimos moitas cousas novas. Mirade estas imaxes.

 

 

 

 

 

 

DECORACÓN DE SAMAÍN

Con motivo da celebración do Samaín decoramos o colexio. Tamén fixemos o conto da "Bruxa Catuxa" entre todos os nenos e nenas de Educación Infantil. Mirade que bonito quedou!

  

 

 

 

               

        

UN NOVO CURSO

Comezamos un novo curso e queremos presentarnos:

- Infantil 3 anos: María

- Infantil 4 anos: Zaida

- Infantil 5 anos: María Aba

- Apoio. Montse

- Inglés: Carmen

- Relixión: Ana

- Estimulación da Linguaxe: Silvia

- Tamén contamos coa colaboración de dúas mestras de prácticas: Patricia e virginia.

                           

 

Aniversarios de xuño e verán

As nenas e nenos de infantil, fixemos unha festa conxunta cuns ricos pinchos de froita e tartas variadas.

 

ANIVERSARIOS DE MAIO

Este mes cumpriron anos Carla, Antonio, Bettina e Nerea.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut