Skip to Content

NOVAS

Secretaría

LISTAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS CURSO 2011-12

   A orde de admisión de alumnado para o curso 2011-2012 establece que, antes do 20 de xuño, debe reunirse a comisión de escolarización para valorar a admisión de todo o alumnado que presentou reserva de praza no noso centro.

  Estamos á espera de resposta sobre a creación da 2ª unidade de 3 anos no centro, que dependará da decisión tomada nesa comisión de escolarización.

I Concurso de Fotografía CEIP Carballal

Todos os centros participantes no proxecto Comenius (Gales, Turquía, Polonia, Grecia e Marín), imos realizar unha exposición conxunta internacional de fotografía relacionada co medio ambiente. A idea é dar a coñecer ós demais países os animais e plantas que máis abundan na nosa flora. Por iso, convocamos o I Concurso de Fotografía, no que todos podemos participar.

Mentres tanto vou a facer unha serir de probas para tratar de solucionar este tipo de problemas e que non se que non se volvan a producir.

BASES DO CONCURSO.

Participantes:

Toda a comunidade educativa (pais, nais, alumn@s, profesores/as, PND…)

Temas e características:

Fotografías sobre a flora e a fauna da nosa localidade.

"Ese lagarto que todos os días miras escalando o muro da túa casa, eses gorrións que veñen peteirar as sobras da comida, o castiñeiro do veciño cargado de ourizos…"

 Trátase de amosar ós demais os animais e plantas "normais e habituais", do noso entorno.

Presentación:

Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotos, que pode entregarse en formato dixital (CD ou pendrive, que se devolverá case ao momento)

Distribuir contido


by Dr. Radut