Skip to Content

NOVAS

I Concurso de Fotografía CEIP Carballal

Todos os centros participantes no proxecto Comenius (Gales, Turquía, Polonia, Grecia e Marín), imos realizar unha exposición conxunta internacional de fotografía relacionada co medio ambiente. A idea é dar a coñecer ós demais países os animais e plantas que máis abundan na nosa flora. Por iso, convocamos o I Concurso de Fotografía, no que todos podemos participar.

Mentres tanto vou a facer unha serir de probas para tratar de solucionar este tipo de problemas e que non se que non se volvan a producir.

BASES DO CONCURSO.

Participantes:

Toda a comunidade educativa (pais, nais, alumn@s, profesores/as, PND…)

Temas e características:

Fotografías sobre a flora e a fauna da nosa localidade.

"Ese lagarto que todos os días miras escalando o muro da túa casa, eses gorrións que veñen peteirar as sobras da comida, o castiñeiro do veciño cargado de ourizos…"

 Trátase de amosar ós demais os animais e plantas "normais e habituais", do noso entorno.

Presentación:

Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotos, que pode entregarse en formato dixital (CD ou pendrive, que se devolverá case ao momento)

Plazo de presentación:

As fotografías presentaránse ata o 30 de setembro ó profesorado encargado: Celia, Pili ou Celeste.

Categorías:

Establécense 4 categorías:

Categoría A: Educación Infantil.

Categoría B: 1º Ciclo de Primaria.

Categoría C: 2º Ciclo de Primaria.

Categoría D: 3º Ciclo de Primaria.

Haberá un interesante premio para cada un dos gañadores das diferentes categorías. 

Ademais, as fotografías gañadoras participarán nun concurso internacional cos centros COMENIUS e tamén nun concurso convocado pola rede galega de concellos pola sostebilidade.

Normas finais:

· As fotografías presentadas serán propiedade do CEIP Carballal, cedendo os autores os dereitos de uso e explotación.

· En caso de publicarse, os autores serán citados.

· Os participantes aceptan as bases polo mero feito de presentarse ó concurso.

ANÍMATE A PARTICIPAR!

COLLE A CÁMARA E AMÓSANOS TODA ESA FAUNA E FLORA QUE HAI PRETO DA TÚA CASA!

SEGURO QUE PASAS UN RATO DIVERTIDO!



page | by Dr. Radut