Ola bos dias. Antes de nada desexarvos que pasedes un magnífico dia.
Estamos afeitos a escoitar o timbre musical para subir ás clases así que seguiremos usándoo.
Hoxe tócache investigar e opinar sobre Vittorio Monti e unha das súas pezas máis importantes: "Czardas".
Pincha na imaxe.
Déixoche a mesma canción interpretada de distintos xeitos e por distintos intérpretes con diferentes estilos.
Cal prefires?
Convídoche tamén a coñecer algo máis sobre arte no Museo Arqueolóxico Ateniense. Dálle ao botón de "Traducir páxina" na esquina superior esquerda cando se abra o link que o teu grego non é fluido
Pincha na imaxe.
Por último lembrarvos que temos que seguir nos diarios.
Cada dous días tes que presentar unha redacción.
Un dia en castelán e ao seguinte en galego alternando as dúas linguas.
Cantante e actor célebre en toda a América Latina pola divulgación do tango. Iníciase como cantante aínda novo co nome artístico de El Morocho, presentándose en cafés dos suburbios da capital arxentina. A súa primeira interpretación formal é no Teatro Nacional de Corrientes, no cal tamén se presenta José Razzano, con quen forma unha compañía por varios anos. Pola sensualidade da súa voz, a cal se prestaba moi ben á interpretación da milonga – xénero precursor do tango – volveuse coñecido a partir de "Mi noche triste" (1917).
O 24 de xuño de 1935, Carlos Gardel morreu nun accidente de avión durante unha xira, en Medellín, en Colombia, viaxaba de Bogotá a Cali nun trimotor F-31 da compañía SACO. Feita escala en Medellín, o avión percorreu a pista para alzar o voo, pero apenas engalara precipitouse a terra, chocando con outro avión alemán que esperaba a túa vez, incendiándose os dous. Os seus restos mortais encóntranse ata hoxe no Cemiterio de la Chacarita na capital arxentina.
James Douglas "Jim" Morrison, nado en Melbourne (Florida) o 8 de decembro de 1943 e finado en París o 3 de xullo de 1971, foi un cantante e escritor norteamericano, coñecido principalmente por ser o vocalista da banda de Los AngelesThe Doors.