Novas

Obradoiro de teatro lido para persoas maiores na Guarda

in

Cruz Vermella Española en Baixo Miño reiniciará no próximo mes de Febreiro unha nova actividade, gratuíta, para maiores de 65 anos denominada TALLER DE TEATRO LIDO, esta actividade desenvolverase os Venres en horario de 19.00 a 20.30, na oficina de Cruz Vermella A Garda, aínda hai prazas vacantes, polos que os interesados deberán dirixirse á Asemblea Comarcal de Cruz Vermella na Garda para informarse ou inscribirse.

As persoas interesadas poden solicitar máis información en

Cruz Vermella Baixo Miño
C/ Agustín Nandín Lomba, Nº baixo

Tel. 986 614 609 / 606 348 4741

Mail: laguardia@cruzroja.es

En horario de
8:00 a 15:00h y de 16:00 a 19:00. 

As diferentes familias... eses entornos protectores tan importantes

Tod@s sabemos por experiencia que o que a televisión chama familia tradicional poucas veces coincide coa realidade. Algúns criámonos cos avós, outros cos tíos, outros con persoas que non son familia de sangue, outros tivemos dúas nais, outros dous pais...

Hai uns día chegoume un artigo no que se analisaba con datos concretos os prexuizos que, aínda que pareza mentira a estas alturas, hai na sociedade en contra das familias con nais/pais do mesmo sexo.

Estou segura de que moitas das familias consideradas "tradicionais" non superarían con exito a proba. A familia é moito máis que uns lazos de sangue... os membros dunha familia están unidos polo cariño e a vontade de coidar uns doutros nos malos momentos e de compartir tamén a felicidade cando chega.

Déixovos o enlace co artigo. Pinchade na foto.

 

Nadal 2013

A nosa saída de mañá: Verbum - Casa das Palabras

in

VERBUM - Casa das Palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que os visitantes poden participar dun modo activo nos elementos expositivos.

Se pinchades na fotografía poderedes velo por dentro en compaña dunha fermosa música.

Entrevistas Persoais coas Familias e Entrega de Boletíns

in
15/04/2011 00:00
15/04/2011 14:00
Etc/GMT+1

 

A entrega de BOLETÍNS será, tal como vos informaron xa os mestres e mestras titores, o venres día 15 entre ás 09,00 a 14,00 horas. Como todos os anos os autobuses estarán a disposición das/os nais/pais que os precisen.

Por outra banda lembrámosvos que as clases se reanudarán o martes 26.

Encontros Familia-Escola: Como abordar temas que para nós os adultos son “peliagudos”

in
28/03/2011 16:00
28/03/2011 17:30
Etc/GMT+1

 

 

Hoxe luns día 28 de marzo ás 16:00 horas celebraremos unha nova xuntanza do programa educativo “Encontros Familia-Escola”. Esta vez o tema central vai ser a “Como abordar eses temas que para nós son “peliagudos” cando queremos falar deles @s nos@s pequenos”.

Quen somos?

O CEIP de Refoxos está situado no interior do concello de Oia, arrodeado de considerables extensións de monte comunal. Conta cunha zona fluvial de interese, a conca do río “Carballa” (Tamuxe) que discorre polos lugares de residencia do alumnado e as proximidades do centro.

Como pertencente a unha poboación de carácter  rural o alumnado esta familiarizado coas actividades agrícolas e gandeiras, polo que a tarefa  de implicación a nivel práctico é fácil. No que ten que ver coa sensibilización cara á conservación, respecto e mellora do entorno natural, tarefa implícita en todas as nosas actuacións, vaise conseguindo  na medida na que se traballan os aspectos educativos co fin de que a laboura continue máis aló do colexio.

Malia ser un centro pequeño, o noso alumnado é moi activo e entusiasta coas tarefas asignadas dentro do Programa.

Contamos coa colaboración activa das dúas Comunidades de Montes (Loureza e Burgueira), así coma da ANPA do centro como partes interesadas na tarefa emprendida.

Contamos, asimesmo, coa colaboración puntual dos Servicios Forestais e de Loita contra incendios da zona que  adoitan prestar a súa axuda e asesoramento naquelas actuacións nas que se precisan.

Distribuir contido