Novas

E ti... que opinas?

in

JURJO TORRES SANTOMÉ é catedrático de Didáctica e Organización Escolar na  Faculdade de Ciéncias da Educación da UniversidadeCoruña

 

 

Iniciativa interesante anticrise

in

Montañas na cama

Un álbum divertido que aborda a sexualidade con humor, naturalidade e sensibilidade. Un neno que topa a porta pechada de seus pais e os escoita "facendo alpinismo". Unha alegoría que chegará ata a última páxina do libro na que se mestura a realidade que cun sorriso coñecemos e o maxín do protagonista. Resulta unha lectura moi atraente por abordar este tema deste xeito cando poucas veces podemos atopalo en libros infantís. As ilustracións son alegres e tenras.

 Pouco a pouco, Martín saíu do seu agocho.
A catro patas, para que non o visen,
avanzou cara o cuarto de mamá e papá.

Quería contarlles a súa aventura de cabo a rabo!

A porta estaba estrañamente pechada.
Apegouse a ela para investigar e escoitou:
papá respiraba cansado,

como cando ía ao monte.
E mamá, tamén.

Vaia!
Saíulles una montaña na cama!

 

Curso de Organización de ludotecas

in

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de “Organización de ludotecas e recursos para a animación á lectura e á escritura dentro dun marco non formal”dirixido á mocidade.

Número de horas: 40

Número de prazas: 50

Modalidade: en liña

Criterios:

Todos os cursos están dirixidos a mozas e mozos en xeral. Terán preferencia para participar nesta formación aquelas persoas que posúan o carné xove, pero, no caso de formación específica de especialización no eido do tempo libre, a preferencia será para aquelas persoas que teñan o título de monitor/a ou director/a de tempo libre no momento de realizar a solicitude.

  • A solicitude dos cursos efectuarase unicamente por vía telemática, calquera solicitude que non se faga deste xeito considerarase desestimada.
  • As solicitudes han de indicar obrigatoriamente o enderezo electrónico persoal onde  se vai recibir a confirmación de inscrición no curso.

 

Pinchade na imaxe para obter máis información

Probas de acceso a Universidade para maiores de 25 anos

in

 

Soamente poderán concorrer á devandita proba, as persoas que cumpran os 25 anos de idade antes do día 1 de outubro do ano natural no que se celebre a proba e que non posúan un título de bacharelato.

A Proba de Acceso á Universidade estruturarase en dúas fases: Xeral e Específica.

Pincha na imaxe para conseguir o impreso de matrícula.


 FASE XERAL

A Fase Xeral terá como obxectivo apreciar a madurez e idoneidade dos candidatos/as para seguiren con éxito estudos universitarios, así como a súa capacidade de razoamento e de expresión escrita.

Comprenderá catro exercicios:

1º Exercicio Comentario dun texto ou desenvolvemento dun Tema Xeral de Actualidade.

2º Exercicio Lingua Castelá.

3º Exercicio Lingua Galega.

4º Exercicio Lingua estranxeira, elixible entre: Alemán, Francés, Inglés, Italiano ou Portugués.

 

FASE ESPECÍFICA

A Fase Específica terá por finalidade valorar as habilidades, capacidades e aptitudes dos candidatos/as para cursaren con éxito as diferentes ensinanzas universitarias vinculadas a cada unha das ramas do coñecemento en torno ás que se organizan os estudos universitarios oficiais de Grao.

A Fase Específica estruturarase nas cinco opcións seguintes vinculadas coas cinco ramas do coñecemento:

OPCIÓN A: Artes e Humanidades.

OPCIÓN B: Ciencias.

OPCIÓN C: Ciencias da Saúde.

OPCIÓN D: Ciencias Sociais e Xurídicas.

OPCIÓN E: Enxeñaría e Arquitectura.

 

Prazo de matrícula: ata o 14 de febreiro de 2013 nos LERDs.

Prezo: 63,67 €.

Probas: na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Fase Xeral: 2 de marzo de 2013.

Fase específica: 9 de marzo de 2013.

Estuda en Canadá: bolsas de estudos para mozos e mozas de 4º da ESO

in

O Programa "Bolsas Estuda en Canadá", dirixido a estudantes de 4º de ESO, (Ensino Secundario Obrigatorio) convoca 100 bolsas para realizar Primeiro de Bacharelato nun instituto canadense.

REQUISITOS:
Estar inscrito como alumno de 4º de ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) nun centro de ensino de calquera comunidade (ou cidade) autónoma do territorio español no momento de presentar a solicitude de participación.
Nota media igual ou superior a 8,00 puntos en terceiro de ESO. Nota final da materia de inglés en terceiro de ESO, igual ou superior a 8,00 puntos (farase unha proba oral de inglés).
PRAZO:
Dende o 14 de xaneiro ás 12.00 horas, ata o 22 de febreiro de 2013 ás 20.00 horas
Información:
Fundación Amancio Ortega
info@becasestudiaencanada.org

 

Distribuir contido