Relacións cos demais

21S Día Mundial do Alzheimer Que lle acontece á avoa?

Conto ilustrado que achega a enfermidade de Alzhéimer aos máis pequenos. Que lle pasa á avoa? é unha historia na que dende os ollos dunha nena e mediante as las, os enredos e a calceta, se explica de forma sinxela como os recordos desta anciá están enmarañados. Só cando tece en compañía da súa neta parece que todo recobra unha orde e un sentido. Edición bilingüe en galego e inglés na que as ilustracións, colaxes e fotografías de Miguel Peralta e Xoana Álvarez achegan beleza e colorido a unha historia chea de nós.

Intercambio cultural coa Freguesia de Oiã

O mércores pasado fomos convidados a visitar a Freguesia de Oiã, Portugal, para poñer en común un proxecto de intercambio cultural entre o alumnado dos dous concellos, Oia e Oiã, irmandados desde hai máis de dez anos. Na xuntanza de traballo acordouse programar un intercambio cultural entre os alumnos de 5º e 6º de primaria, de cara ao ano 2017, para fortalecer os lazos de amizade entre os máis pequenos e as familias portuguesas e galegas. A previsión é que a actividade leve a cabo no mes de marzo e abril.

 

Día dos dereitos da infancia

 

Pincha na imaxe para descargar as fichas de colorear

 

Distribuir contido