Recursos Compartidos

Houbo un tempo no que o 2016 era o futuro | TEDxGalicia

Iria, Noelia e Sandra ofrecen o punto de vista de mocidade de cara ao futuro demostrandonos que os adultos non temos feito moi ben ate o de agora na xestión do longo prazo e propoñendo algunhas sinxelas accións para que non estraguemos máis o seu futuro.

Iria, Noelia e Sandra son alumnas de Jose Manuel Dopazo, do TEDxGalicia 2013 no IES Maruxa Mallo.

Amazing alphabet

Pincha na imaxe

Programa apego para crianzas de 0 a 6 anos

Se na túa familia hai cativos e cativas de 0 a 6 anos, ou estades a agardar a chegada dun novo membro, o programa Apego é para ti, é para vós! :-) Queremos incentivar e axudar á socialización en galego da infancia e propoñer o uso da lingua galega para crear vínculos coa familia, para asentar o arraigo a esta terra, porque a lingua na que aprendemos a falar vai ser base da identidade futura das nenas e dos nenos. Por iso Apego [www.apego.gal] vai dirixido a vós. A lingua de cada pobo é un tesouro irrepetible e tamén é a cerna que lle permite existir e descubrir o mundo. Únete ao Apego, porque cremos no noso futuro! Neste vídeo explicámosche como podes facelo...
+Info:
www.apego.gal
www.facebook.com/apego.gal

26S Día Europeo das Linguas

"A linguaxe únenos a través dos seus significados, tentándonos a cruzar fronteiras e axudándonos a comprender as preguntas terriblemente difíciles que a vida, implacable, arróxanos. Independentemente de que coñezas unhas poucas palabras dun idioma, ou miles de moitos, serve para moldearnos: permítenos dar forma a unha opinión, expresar amor ou frustración, e mesmo cambiar o punto de vista doutra persoa».

Ela Frances Sanders

Distribuir contido