Entroido 2022

Queridas familias:

Este curso estamos dándolle voltas a idea "Abrir Refoxos ao mundo" a través das actividades que imos propoñendo ás crianzas nas aulas e que mellor maneira de coñecer e chegar a todos os sitios que viaxando. 

O tema de Entroido que escollemos este ano é "OS MEDIOS DE TRANSPORTE" e quedaron repartidos do seguinte xeito:

  • Infantil: Medios de transporte marítimos.
  • 1ºEP - 2ºEP: Medios de transporte aéreos.
  • 3ºEP - 4ºEP: Medios de transporte terrestres.
  • 5ºEP - 6ºEP: Medios de transporte espaciais.

A festa vai ser o 25 de febreiro e a primeira consigna do MECO farase pública o venres anterior.

O obxectivo de vir disfrazado/a é pasalo ben. Pregámosvos que os disfraces sexan sinxelos para que na medida das vosas posibilidades as crianzas participen na súa elaboración. O noso desexo é que creen recordos bonitos de tempo pasado en familia e despois tamén cos nós aquí no colexio.

Este ano novamente debido á COVID non podemos convidaros pero ogallá a próxima vez poidamos retomar o noso Entroido de sempre.

Un saudo e moitas grazas

A dirección e o Claustro.